A Compañía Eléctrica presenta este venres, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui a súa ópera prima 'Aibō'. É unha peza teatral recomendada para público infantil de 3 a 6 anos. Trátase dunha visión diferente do conto popular da Carapuchiña Vermella aportando unha ollada positiva da nosa relación coa natureza, e sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós. Sobre o escenario estarán Iria Piñeiro e Areta Bolado con música de Paulo Pascual. Aibō significa compañeira en xaponés, sendo esta a palabra que mellor se axusta para definir esta fábula. O espectáculo ten unha duración de 45 minutos. As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 4€, e 3€ para público infantil e aquelas persoas que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos.
A Compañía Eléctrica naceu en 2020 da manda de Iria Pinheiro, actriz, e Suso Jalda, técnico, para crear espectáculos dende un punto de vista plástico e poético onde a interpretación e o dispositivo escénico van da man dende o principio da creación. A Compañía Eléctrica conta con colaboracións de artistas coma Areta Bolado, actriz; María Reimóndez, escritora; Juanma Ons, músico…
Cómpre lembrar que www.tui.gal estan á venda xa as entradas para todos os espectáculos da programación de Outono.