viernes. 22.11.2024

A luz vai ser a protagonista do concerto que este sábado, 11 de decembro, ás 20 h o coro Mistura Vocal vai ofrecer no Teatro Municipal. Baixo a dirección da tudense Aloia Martínez 35 cantoras e cantores achegaránnos 'A Historia da Luz' a través dun variado repertorio que brindará un percorrido musical por distintas épocas e estilos.

A luz entendida coma metáfora do Nadal e coma inicio e comezo, personificada nunha muller irá conducindo o concerto a través das obras interpretadas, ao tempo ilustrará ao público sobre a súa personalidade.

As entradas pódense reservar de balde en www.tui.gal.

Mistura Vocal presentouse oficiamente no Nadal de 2014 en Tui. Está formado por cantores e cantoras de todo o sur da provincia de Pontevedra, e dende o inicio está dirixido por Aloia Martínez Molina.

Mistura Vocal ofrece un repertorio integrado por obras de diferentes estilos e épocas, sen esquecer aos autores galegos.

O coro tem acadado o primeiro premio nos concursos nacionais de Canto Coral de Burgos, Avilés, e San Vicente de la Barquera. Por segundo ano consecutivo é un dos 5 coros seleccionados para participar no Gran Premio Nacional de Canto Coral.  

'A Historia da Luz'