A Axencia de Colocación de Mos, dispón deste novo portal de emprego, máis completo e máis áxil, desde o que todas as persoas que estean buscando emprego poden acceder a todas as ofertas de emprego e candidatarse a través do enderezo web https://mos.portalemp.com As empresas que necesiten persoal, así mesmo, poden solicitalo a través deste portal no apartado destinado ás empresas.
Deste xeito, no novo portal municipal da Axencia de Colocación, crúzanse as demandas curriculares para os postos vacantes cos perfís laborais dos demandantes, de xeito que o proceso de selección se fai un modo máis eficaz e eficiente.
O portal ademais terá información actualizada das accións formativas que se convoquen desde a Axencia de Colocación de Mos, e dispón dun apartado destinado a persoas emprendedoras con información actualizada.
Todas aquelas persoas ou empresas que queiran candidatarse a unha oferta, inscribirse en algún curso, ou solicitar persoal, poden facelo desde o apartado “Inscribirse” e, ao acceder, apareceranlles tres apartados: Inscrición como demandante de emprego- Inscrición como empresa – Inscrición como alumno. Os interesados poden poñerse en contacto coa Axencia en caso de dúbidas no teléfono 986487786, ou no correo electrónico [email protected]
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, informaron hoxe da creación deste novo portal de emprego da Axencia de Colocación de Mos. “Unha ferramenta moderna e interactiva que conecta a empresas e demandantes de emprego para axilizar o proceso tanto de selección de persoal por parte das empresas como de inserción laboral por parte dos desempregados/as”, tal e como a describiron as representantes municipais, Arévalo e Loureiro, e da que afirmaron sentirse “orgullosas” xa que “nestes íntres máis que nunca, dada a crise sanitaria da COVID-19, son fundamentais as ferramentas dixitais tanto no ámbito laboral como de selección de persoal e/ou búsqueda de emprego; se xa antes nos atopábamos inmersos na era dixital e tecnolóxica, as circunstancias da nova realidade fixeron que este tipo de ferramentas sexan imprescindibles. Polo que estamos satisfeitas desta iniciativa, de estar á vangarda das facilidades tecnolóxicas para demandantes e empresas, e de promover iniciativas que melloren a empregabilidade e a fagan máis áxil e sinxela”.