viernes. 22.11.2024
Félix Caballero Wangüemert

Félix Caballero Wangüemert

Félix Caballero Wangüemert naceu en Logroño (La Rioja) en 1967. Vive en Galicia desde 1991. Doutorouse en Investigación en Comunicación cunha tese sobre o humorista gráfico Xaquín Marín. É ademais licenciado en Ciencias da Información (Xornalismo) e gradado en Ciencias da Linguaxe (con mención en Filoloxía Galega). Traballou como xornalista en “El Correo Gallego”, “Riadevigo.com” e “España Exterior”. Ten publicado artigos de investigación sobre o humor en libros colectivos e revistas especializadas. É tamén autor de dez libros –cinco en castelán e cinco en galego–, entre os que destacan “O humor en cadriños” e “O humor en cadriños II” (ambos os dous de entrevistas con humoristas gráficos galegos), “O humor galego alén da retranca”, “Xaquín Marín. Arte e compromiso no humor gráfico galego” (adaptación da súa tese de doutoramento), “Falemos de caricatura” (unha longa entrevista a Siro) e “Jesús, humorista” (un ensaio sobre o sentido do humor na figura de Xesús de Nazaret). Ademais ten no prelo o libro “A retranca. Un intento de clarificación”.