A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do Plans de Sustentabilidade Turística de Enogastronomía do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño “Despensa de Galicia”, do que forman parte os concellos da Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui.
A iniciativa, dotada con 34,5 M euros, engloba actuacións en 80 concellos das 4 provincias galegas que teñen como obxectivo a promoción da nosa comunidade como destino enogastronómico de primeiro nivel
Segundo explicou a directora de Turismo, este proxecto nace co obxectivo de consolidar a Ría de Vigo e o Baixo Miño como un destino sustentable, reforzando a aposta pola enogastronomía como eixo temático co obxectivo de atraer a un turismo de alto valor engadido. Esta acción, dotada de 1.500.000 de euros, forma parte do Plan Territorial de Enogastronomía de Galicia, recentemente aprobado na Conferencia Sectorial de Turismo a proposta do Goberno galego, que está dotado con 34,5 millóns de euros.
O Plan engloba actuacións en 80 concellos das 4 provincias galegas que teñen como obxectivo a promoción da nosa comunidade como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas do territorio, como a posta en valor dos territorios vitivinícolas, a mellora da comercialización e da promoción de novos produtos turísticos vinculados á enogastronomía galega, a promoción da xestión sostible desde os destinos e a potenciación do territorio enogastronómico galego como un espazo de desenvolvemento turístico cun forte contido na dixitalización e na innovación gastronómica.