O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta mañá a toma de posesión da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
O vicepresidente primeiro destacou a importancia de traballar da man do sector co obxectivo de que Galicia siga a ofrecer un turismo de calidade e sexa tamén un destino seguro. Nesa liña, tamén apelou ao Xacobeo 2021 para que sexa un elemento clave na recuperación económica.
Pola súa banda, Nava Castro agradeceu a confianza para seguir a traballar na reformulación das estratexias turísticas e adaptalas á situación derivada da crise sanitaria da covid-19. Do mesmo xeito, asume o reto do Ano Santo para tamén readaptalo ao novo escenario. Na actualidade xa ocupaba o posto de directora de Turismo de Galicia, cargo que vén desempeñando desde o seu nomeamento en 2013.