sábado. 23.11.2024

O vindeiro 9 de marzo o Centro de Desenvolvemento Local (CDL) acollerá a actividade formativa  'Depofroitos' que pretende impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos, sobre todo en terreos abandonados, e mellorar a capacitación e a profesionalización das persoas emprendedoras que queiran dedicarse a esta actividade.

Todas

e todos os que queiran participar nesta acción informativa, que se desenvolverá

de 10 a 14 horas, deberán inscribirse no 

teléfono 886 210 725  Ext 40734

ou ben a través da seguinte dirección de correo [email protected] .

Depofroitos

ofrecerá un acompañamento específico para as empresas de nova creación

relacionadas co cultivo de froitos do bosque, no que se tratará de asesorar e

informar sobre diferentes aspectos como a tramitación de axudas e subvencións e

a elaboración de plans de viabilidade técnica, ecónomica e financeira, entre

oturos.

Esta

iniciativa achegará aos e ás emprendedoras un simulador de negocio sobre o

cultivo e a comercialización de froitos do bosque e unha aplicación para

facilitar a internacionalización das súas vendas, cunha serie de recomendacións

de actuación.

Ademais,

promoveranse outras actividades: elaboración de estudos técnicos de parcelas

para o posible cultivo de froitos do bosque a través estudos climáticos,

edafolóxicos, estudos da auga de rega, do material vexetal, de mercado e de

rendibilidade, e creación dunha agrupación comercial para reducir custos e

obter maiores beneficios ao situar o produto a prezos máis competitivos. Cada

persoa destinataria do proxecto terá un servizo de asesoría e consultaría

gratuíto na modalidade en liña (e-mail, teléfono e WhatsApp).

O

programa é cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa

Operativo Formación e Educación (POEFE) e a Fundación Biodiversidade a través

do Programa EmpleaVerde do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto

Demográfico. Deste xeito, as accións de carácter gratuíto están dirixidas a

conseguir formación e emprego de calidade.

Sesión informativa para impulsar a creación de plantacións de froitos do bosque ecolóxicos