sábado. 23.11.2024

Rueda visibiliza a importantísima presenza das empresas galegas de pesca na Arxentina

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe cadanseu encontro de traballo co subsecretario de Pesca da Nación, Juan Antonio López Cazorla, e con representantes das empresas pesqueiras de capital galego que traballan na Arxentina. O obxectivo de ambas reunións foi reforzar os lazos institucionais e económicos co país suramericano.
Rueda reúnese co responsable de pesca da Arxentina e con empresas pesqueiras galegas.

“O que viñemos facendo estes días foi visibilizar a importantísima presenza das empresas galegas de pesca na Arxentina e, ao mesmo tempo, deixar aberta unha canle institucional para que calquera cuestión que sexa necesario falar entre administracións”, indicou.

Durante o encontro con López Cazorla, no que estivo presente tamén o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, ambos mandatarios abordaron o impacto positivo que as compañías galegas pesqueiras teñen na Arxentina, así como a importancia de afianzar a alianza entre ambos países. Ao mesmo tempo, Rueda asegurou que o subsecretario de Pesca arxentino transmitiulle “tranquilidade” con respecto ao futuro das empresas no territorio.

“Creo que o fundamental en calquera actividade empresarial, e moito máis aquí na Arxentina respecto dunha actividade tan importante como é a pesca, é ter a certeza de que as regras de xogo non se van cambiar e van poder seguir competindo como ata o de agora. Polo tanto esas incertezas que había a principios de ano, eses cambios que se aventuraban, o que nos di o representante do Goberno arxentino é que non se van producir finalmente e que, polo tanto, esa estabilidade que demandan as empresas galegas vaise manter”, indicou.

Reunión para coñecer as súas demandas

Os representantes da Xunta mantiveron tamén unha xuntanza con membros das empresas pesqueiras de capital galego que traballan no país, na que estivo presente tamén a embaixadora de España en Arxentina, María Jesús Alonso. Durante esta reunión, o titular do Executivo galego interesouse polas demandas e necesidades das empresas, e comprometeu a colaboración, apoio e diálogo da Xunta para cun sector que xera uns 5.500 empregos no país suramericano.

“Xa é moi importante o que están facendo pero se poden seguir medrado aquí, iso será bo para a Arxentina pero tamén para Galicia”, afirmou Alfonso Rueda.

Rueda visibiliza a importantísima presenza das empresas galegas de pesca na Arxentina
Comentarios