jueves. 21.11.2024

Novo sistema de xestión da cotización das prácticas de formación profesional

A través deste convenio, FEUGA ocuparase da xestión da cotización na Seguridade Social do alumnado das devanditas ensinanzas que realice prácticas formativas en empresas a partir do 1 de xaneiro. Para iso, valerase da súa acreditada experiencia neste campo, poñendo a disposición da Xunta a plataforma da que dispón para o envío e recepción da documentación necesaria no procedemento.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director xeral da Fundación Empresa–Universidade Galega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director xeral da Fundación Empresa–Universidade Galega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director xeral da Fundación Empresa–Universidade Galega (FEUGA), Francisco Javier Pereiro, asinaron esta mañá un acordo de colaboración para a posta en marcha do novo sistema de xestión da cotización das prácticas de Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial.

A través deste convenio, FEUGA ocuparase da xestión da cotización na Seguridade Social do alumnado das devanditas ensinanzas que realice prácticas formativas en empresas a partir do 1 de xaneiro. Para iso, valerase da súa acreditada experiencia neste campo, poñendo a disposición da Xunta a plataforma da que dispón para o envío e recepción da documentación necesaria no procedemento.

Pola súa banda, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades tramitará unha encomenda de xestión a favor de FEUGA, estimada en 1M€, e fornecerá da documentación necesaria do alumnado.

A través deste sistema, centros educativos e empresas quedan eximidos da xestión e do custo das altas en baixas do alumnado na Seguridade Social. O mecanismo será empregado por arredor de 16.000 estudantes e 12.000 empresas. Deste xeito, axilízase o proceso e garántese que a medida aprobada polo Goberno central non supoña unha sobrecarga administrativa nin para o sistema educativo nin para as empresas que colaboran na formación curricular do alumnado. O novo sistema comezará a funcionar o 1 de xaneiro.

Novo sistema de xestión da cotización das prácticas de formación profesional
Comentarios