7 de enero de 2024, 13:46
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, visitou esta mañá a sede de Suelo Empresarial Atlantico (SEA) en Santiago de Compostela para compartir unha xornada de traballo coa xerente da empresa pública, Beatriz Sestayo, co obxectivo de analizar os datos de implantación de empresas durante o ano recentemente finalizado e estudar as novidades que se prevén cara a 2024.
Pedro Blanco e Beatriz Sestayo informaron de que en 2023 as empresas asentadas en polígonos de SEA xeraron máis de 1.000 novos postos de traballo. As empresas implantadas este ano nas áreas que promove a sociedade pública empregaron tanto a fórmula da compravenda como a de dereito de superficie. Suelo Empresarial Atlántico pechou con beneficios o exercicio económico, uns cartos que, segundo anunciou, reinvestiranse en 2024.
O delegado do Goberno en Galicia e a xerente de Suelo Empresarial Atlántico coincidiron na importancia das novas fórmulas implantadas pola empresa pública como mecanismos áxiles para favorecer a creación de emprego. Pedro Blanco e Beatriz Sestayo incidiron ademais no papel de acompañamento de SEA ao investimento empresarial desde o inicio das xestións para a súa instalación ata o momento da inauguración, asesorando a investidores tanto en cuestións comerciais como nas de carácter urbanístico ou financeiro.
A xerente de SEA destacou o valor do público como axente dinamizador da economía, á vez que avanzou novas fórmulas de interlocución con empresas e organismos, así como a aposta de SEA por seguir facilitando ao empresariado tanto a disposición do seu solo para os seus proxectos como o acceso a financiamento europeo.