viernes. 22.11.2024

Lorenzana aborda coa mesa para o desenvolvemento renovable e industrial os instrumentos que garanten a sustentabilidade dos proxectos de recursos naturais

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, abordou hoxe coa Mesa para o Desenvolvemento Renovable e Industrial de Galicia o avance dos distintos instrumentos a prol do desenvolvemento sustentable daqueles proxectos vinculados ao aproveitamento dos recursos naturais de Galicia.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reunirase coa Mesa para o desenvolvemento renovable e industrial de Galicia. 
foto xoán crespo
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse con membros desta entidade da que forman parte diferentes organizacións empresariais e sindicais.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, abordou hoxe coa Mesa para o Desenvolvemento Renovable e Industrial de Galicia o avance dos distintos instrumentos a prol do desenvolvemento sustentable daqueles proxectos vinculados ao aproveitamento dos recursos naturais de Galicia.

No encontro con esta agrupación multisectorial participaron representantes de Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal); de Comisións Obreiras; da Federación Galega da Construción (Fegacons) e Confederación de Empresarios de Galicia (CEG); UXT; da Cámara Oficial Mineira de Galicia, de Asime e da Asociación Eólica de Galicia.

Tanto a Administración como os membros da Mesa coincidiron na necesidade de defender o desenvolvemento sustentable do aproveitamento das renovables e dos recursos naturais en Galicia como unha peza clave para o impulso económico da Comunidade.

Neste contexto, destacouse o anteproxecto de Lei dos recursos naturais así como a recente creación da sociedade mixta Recursos de Galicia, que vai apoiar ás empresas que desenvolvan proxectos relacionados cos recursos naturais para garantir que se trasladen os beneficios económicos e sociais destas iniciativas a nivel local.

Lorenzana aborda coa mesa para o desenvolvemento renovable e industrial os instrumentos...
Comentarios