sábado. 23.11.2024
Trinta empresas innovadoras galegas van presentar os resultados do seu paso

'Galicia Avanza', la aceleradora de internacionalización

O 15 de febreiro vanse presentar os resultados da primeira edición do programa, nun evento que se vai celebrar en Tecnópole, entidade encargada da xestión e coordinación desta iniciativa. Neste acto, destinado a promover a internacionalización da innovación en Galicia, daranse cita empresas de todos os sectores, con presenza en mercados exteriores ou con potencial de exportar as súas innovacións.
tecnopole3

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” poñíase en marcha en 2022 como resultado da colaboración entre a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole). Nesta primeira edición, que está a piques de concluír, participan 30 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade. Xa está en marcha a segunda convocatoria do programa, á que poden acceder outras 30 pemes. O prazo para presentar as solicitudes remata o 28 de febreiro e deberá realizarse a través da páxina web https://tecnopole.es/galiciaavanza/.

O 15 de febreiro vanse presentar os resultados da primeira edición do programa, nun evento que se vai celebrar en Tecnópole, entidade encargada da xestión e coordinación desta iniciativa. Neste acto, destinado a promover a internacionalización da innovación en Galicia, daranse cita empresas de todos os sectores, con presenza en mercados exteriores ou con potencial de exportar as súas innovacións. Ao longo da xornada poderán compartir experiencias, facer networking e coñecer os apoios máis relevantes da Administración autonómica para a internacionalización. As empresas interesadas en participar neste encontro deberán inscribirse previamente na páxina web https://tecnopole.es/gl/evento-galicia-avanza.

O evento inclúe un completo programa de actividades. Empresas de referencia contarán a súa experiencia en internacionalización e haberá un espazo para visitar e coñecer as 30 pemes participantes na primeira edición do programa.  

SECTORES DIVERSOS

As pemes participantes nesta primeira convocatoria do programa “Galicia Avanza” pertencen a sectores tan diversos como as novas tecnoloxías, alimentación, telecomunicacións, industrial, químico, farmacéutico, biotecnoloxía, enxeñaría, automoción, turismo, saúde, agrario… e ata aeroespacial.

Durante os oito meses de duración do programa e a través dun equipo de expertos en internacionalización, traballouse na saída ao mercado exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras empresas. 

Así mesmo, ao longo destes meses reforzáronse aspectos como a mellora da innovación, as estratexias de márketing, creación de marcas e certificacións, ou a adaptación de produtos e servizos ao mercado exterior, entre outros. Con cada firma seguiuse unha folla de ruta personalizada, segundo as necesidades que presentaba cada unha.

 

'Galicia Avanza', la aceleradora de internacionalización
Comentarios