jueves. 21.11.2024

A Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia de 23 titulados de FP, a razón de un por cada unha das familias profesionais, cos Premios extraordinarios de grao superior para o alumnado que rematou os seus estudos no curso 2021/2022.

O obxectivo destes galardóns, que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, é recoñecer publicamente os méritos excepcionais baseados no esforzo e no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico estudos de Formación Profesional de grao superior en Galicia. Enmárcase dentro das diferentes accións que leva a cabo a Xunta para a posta en valor e fomento da excelencia dentro do sistema educativo galego. De feito, para optar a estes premios os estudantes debían contar cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,5 puntos, entre outros requirimentos.

A dotación orzamentaria para estes premios é de 23.000 euros que se distribúen entre os galardoados na mesma contía, de 1.000 € por alumno. Ademais da correspondente achega económica, a obtención destes premios dálle dereito ao alumnado a concorrer, logo de inscrición, ao correspondente Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior.

O premiados son os que se relacionan na seguinte táboa:

Galardoado

Familia profesional

Provincia

Concello

Centro educativo

Eiris Garaboa, José Manuel

Imaxe e son

A Coruña

A Coruña

CIFP Imaxe e Son

Penas López, Iván

Edificación e obra civil

A Coruña

A Coruña

CIFP Someso

Roca Paz, Ányela

Agraria

A Coruña

Boqueixón

CFEA de Sergude

López Rey, Brais

Instalación e mantemento

A Coruña

Cedeira

IES Punta Candieira

Martíns Lago, Tamara

Administración e xestión

A Coruña

Cee

IES Fernando Blanco

López Hinojosa, Aldara

Artes gráficas

A Coruña

Ferrol

CIFP Leixa

Álvarez Felgar, Tania

Seguridade e ambiente

A Coruña

Ferrol

IES Concepción Arenal

Caamaño Outón, Laura

Sanidade

A Coruña

Noia

IES Campo de San Alberto

Pampín Gómez, Carla

Química

A Coruña

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Ferreiroa Mosquera, Mauro

Actividades físicas e deportivas

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Salvado Millán, Yolanda

Hostalaría e turismo

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Couceiro Bañol, Juan Diego

Transporte e mantemento de vehículos

Lugo

Lugo

CIFP As Mercedes

Pol López, Artur

Enerxía e auga

Lugo

Lugo

CIFP As Mercedes

Taboada Senaz, Ernesto

Imaxe persoal

Lugo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Fernández Vázquez, Miguel Alejandro

Industrias alimentarias

Lugo

Sober

CPR Belarmino Fernández Iglesias

Cancela Seijas, José Manuel

Fabricación mecánica

Lugo

Xove

IES Illa de Sarón

Domínguez Táboas, Óscar

Servizos socioculturais e á comunidade

Pontevedra

Mos

CPR Plurilingüe Lar

Rivas Otero, Alba

Comercio e márketing

Pontevedra

O Porriño

IES Ribeira do Louro

Fernández Pérez, Raquel

Téxtil, confección e pel

Pontevedra

Vigo

CIFP Manuel Antonio

Álvarez Gallego, Noelia

Madeira, moble e cortiza

Pontevedra

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Rodríguez Posada, Paula

Electricidade e electrónica

Pontevedra

Vigo

CPR Colegio Hogar Afundación

Castro Blanco, Armando

Informática e comunicacións

Pontevedra

Vigo

IES de Teis

Piñeiro Budiño, José Javier

Marítimo-pesqueira

Pontevedra

Vigo

Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico

A Xunta recoñece a excelencia de 23 titulados de FP cos premios extraordinarios de grao...
Comentarios