viernes. 22.11.2024

A Xunta eleva este curso a contía das axudas para mercar libros de texto e amplía nun 40% os beneficiarios do vale para material escolar

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Executivo galego para axudar ás familias con fillos en idade escolar a facer fronte aos gastos propios do inicio do curso. Durante unha visita a librería Gallaecia Liber de Santiago de Compostela, Rueda resaltou que o Executivo autonómico incrementa este ano en máis dun 12% a contía de achegas para mercar libros de texto e amplía en preto dun 40% os beneficiarios do vale para material escolar ata chegar aos 130.000 alumnos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Executivo galego para axudar ás familias con fillos en idade escolar a facer fronte aos gastos propios do inicio do curso. Durante unha visita a librería Gallaecia Liber de Santiago de Compostela, Rueda resaltou que o Executivo autonómico incrementa este ano en máis dun 12% a contía de achegas para mercar libros de texto e amplía en preto dun 40% os beneficiarios do vale para material escolar ata chegar aos 130.000 alumnos.

Acompañado do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, o titular do Goberno galego asegurou que a Xunta aposta por un sistema educativo inclusivo e de calidade no que se garanta a igualdade de oportunidades. “O deber das administracións, e a Xunta leva anos facéndoo, é axudar as familias a que os gastos do inicio do curso sexan algo menores”, indicou.

O presidente subliñou que o Goberno galego aposta por un reparto xusto no que as achegas se distribúen en función da renda familiar. “É un sistema de axudas que funciona tal e como recoñecen os propios libreiros, as familias e os colexios e é un sistema equitativo. Hai que axudar máis a quen máis o necesita”, resaltou.

Con este obxectivo e tendo en conta o contexto económico actual marcado pola suba de prezos, Rueda resaltou que a Xunta reforza este curso as medidas destinadas a apoiar ás familias, o que “permitirá aforrar máis de 100 millóns de euros” aos fogares galegos con rapaces en idade escolar. Entre as iniciativas en marcha cómpre destacar a bonificación dos comedores escolares, a conxelación das taxas universitarias ou as axudas para libros de texto e material escolar.

INCREMENTO DOS APOIOS

Tal e como explicou o presidente, o Goberno galego destina este ano 26 millóns de euros a achegas para libros e material e para o fondo solidario de manuais que hai nos centros educativos. Por unha banda, a Xunta amplía en preto dun 40% os beneficiarios do vale para material escolar ata chegar aos 130.000 alumnos este curso. Todas as familias con renda per cápita igual ou inferior a 10.000 euros poderán recibir este bono que oscila entre os 60 e 75 euros, algo ao que ata agora só accedían os fogares con renda inferior a 6.000 euros.

Ademais, o Executivo autonómico tamén incrementa este ano as axudas para adquirir libros de texto. O orzamento total pasa de 5,9 millóns de euros a 6,7. Por regra xeral, as familias recibirán entre 160 e 270 euros —en función da renda—, fronte aos 140 e 240 euros do pasado curso. No caso dos alumnos de Educación Especial ou cunha discapacidade superior ao 65%, esta achega será de ata 300 euros.

Ademais, a Xunta manterá o banco gratuíto de libros de texto que teñen os colexios galegos e que permite que milleiros de alumnos de entre 3º de Educación Primaria e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria reciban os manuais que precisan sen que as familias teñan que asumir ningún custo.

Sete de cada dez alumnos dos centros públicos e concertados de Galicia reciben algún tipo de axuda para libros ou material escolar.

A Xunta eleva este curso a contía das axudas para mercar libros de texto e amplía nun...
Comentarios