viernes. 22.11.2024

Primeira rede de áreas de estacionamento seguro e protexido para o transporte de mercadorías

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai impulsar a primeira Rede galega de áreas de estacionamento seguro e protexido para o transporte de mercadorías, co obxectivo de acadar as 1.500 prazas. Trátase dunha medida “moi demandada polo sector” que vai dirixida a “mellorar a seguridade e condicións laborais dos profesionais do transporte”, indicou.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego vai impulsar a primeira Rede galega de áreas de estacionamento seguro e protexido para o transporte de mercadorías, co obxectivo de acadar as 1.500 prazas. Trátase dunha medida “moi demandada polo sector” que vai dirixida a “mellorar a seguridade e condicións laborais dos profesionais do transporte”, indicou.

Rueda salientou que entre os principais obxectivos está “facer máis atractiva esta profesión e favorecer a incorporación da muller”. Nesta liña, explicou que a taxa de mulleres que se dedican ao sector do transporte en Europa é do 5%, e no caso de Galicia esta porcentaxe non chega ao 3%.

O obxectivo é habilitar 1.500 prazas, das que 300 estarán dispoñibles nun prazo de doce meses

Tras o acordo aprobado hoxe no Consello, tal e como subliñou o presidente, “Galicia vai ser a primeira comunidade en contar cunha rede de aparcadoiros seguros para camións”.

A Xunta, con esta actuación, busca mellorar os servizos aos transportistas na comunidade autónoma, sempre en coordinación con entidades públicas ou privadas, asociacións e administracións que compartan o mesmo obxectivo. Para iso, Rueda avanzou que os aparcadoiros seguros contarán “con servizo de vixilancia, peche perimetral, iluminación axeitada ou otros servizos como duchas”.

Na reunión de hoxe, o Executivo autonómico avaliou as propostas concretas que se van realizar nunha primeira fase e a curto prazo, que garantan que nun horizonte de aproximadamente un ano se comecen a obter resultados visibles, a través do impulso de máis de 300 prazas en áreas de estacionamento de concentración e en áreas de estacionamento de tránsito, a través dun investimento de 750.000 €.

No referente ás áreas de estacionamento de concentración, situadas en grandes polos de atracción de mercadorías e dotadas, xeralmente, de máis servizos, a Xunta impulsará a creación dunha área de estacionamento seguro e protexido na Central de Transportes de San Cibrao das Viñas, que servirá como área de referencia na contorna de Ourense.

Así, estase a tramitar un convenio de colaboración entre as consellerías de Infraestruturas e Mobilidade, e de Promoción do Emprego e Igualdade, coa Deputación Provincial de Ourense e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas, para o desenvolvemento dunha área de estacionamento seguro e protexido no municipio ourensán, que poderá albergar 59 prazas de aparcadoiro. 

No referente ás áreas de estacionamento de tránsito, localizadas en rutas para realizar os descansos necesarios segundo a normativa existente, o plan estratéxico prevé tamén neste vindeiro ano 2024 o desenvolvemento dun número axeitado de prazas distribuídas polo territorio de Galicia na proximidade das principais vías de comunicación.

Esta iniciativa do Goberno galego realizarase a través dunha orde de axudas para a subvención de aparcadoiros existentes para certificarse como área de estacionamento protexido, dotadas cun investimento inicial de 500.000 euros, que servirán a 250 prazas repartidas nas catro provincias galegas.

Ademais, a área de transportes do Ceao, no concello de Lugo, que conta cun aparcadoiro para vehículos pesados de máis de 80 prazas con servizos asociados, será modernizada para adaptala ás novas exixencias do mercado. Esa área, dependente da Dirección Xeral de Mobilidade, está sendo explotada actualmente en réxime de concesión. A Xunta realizará os estudos e análises necesarios para a súa actualización e adecuación ás novas exixencias do mercado ao finalizar a concesión.

Sector estratéxico da economía

Mediante esta iniciativa o Goberno galego reforza o seu apoio ao transporte de mercadorías por estrada en Galicia, sector que concentra o 6,97 % das operacións de tráfico intrarrexional de todo o territorio nacional e supón de forma directa ao redor dun 1 % do PIB.

Primeira rede de áreas de estacionamento seguro e protexido para o transporte de...
Comentarios