viernes. 22.11.2024

Un total de 20 estudantes de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) veñen de resultar galardoados cos premios da Xunta de Galicia ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21, tal e como publica o Diario Oficial de Galicia.

Estes galardóns que cada ano convoca a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, recoñecen a capacidade de superación destes alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria e conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado. Para tal fin, a Consellería destina un total de 16.000 euros para estes premios a razón de 800 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden.

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal ou a súa inserción social.

Relación de centros con estudantes galardoados:

PROVINCIACONCELLOCENTRO
A CORUÑAA CORUÑAIES Agra do Orzán
A CORUÑAA LARACHAIES Agra de Leborís
A CORUÑAARTEIXOIES de Pastoriza
A CORUÑABOIROIES Plurilingüe A Cachada
A CORUÑACAMBREIES David Buján
A CORUÑACULLEREDOIES Eduardo Blanco Amor
A CORUÑANEGREIRAIES Xulián Magariños
A CORUÑASADAIES Isaac Díaz Pardo
A CORUÑASAN SADURNIÑOCPI de San Sadurniño
LUGOMONFORTE DE LEMOSIES Río Cabe
LUGOVILALBAIES Santiago Basanta Silva
OURENSEO CARBALLIÑOCPR Plurilingüe Sagrado Corazón
PONTEVEDRACALDAS DE REISCPI Plurilingüe Alfonso VII
PONTEVEDRAMORAÑACPI Plurilingüe Santa Lucía
PONTEVEDRAPONTEVEDRAIES A Xunqueira I
PONTEVEDRASILLEDAIES Plurilingüe Pintor Colmeiro
PONTEVEDRATOMIÑOIES Antón Alonso Ríos
PONTEVEDRAVIGOIES Valadares (2 alumnos premiados)
PONTEVEDRAVIGOCPR Plurilingüe Escuelas Nieto

Premiados 20 estudantes da ESO