viernes. 22.11.2024

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, apostou este sábado por continuar avanzando na mellora dos procedementos de atención integral ás persoas con ELA e ás súas familias. Durante a súa participación na Coruña na IX Travesía Solidaria pola ELA, organizada pola Asociación Gallega de Afectados de Esclerosis Lateral Amiotrófica (Agaela) en lembranza de Fran Otero, o conselleiro subliñou que, no camiño cara a unha mellor atención a estes pacientes, as consultas de acto único son xa unha realidade en todos os hospitais da sanidade pública galega. Do mesmo xeito, a definición dunha vía rápida de esclerose lateral amiotrófica en cada área sanitaria garantirá que as persoas cunha sospeita fundada de ELA teñan unha consulta nos servizos de Neuroloxía antes de quince días.

Vázquez Almuiña sinalou que Galicia é unha comunidade pioneira na mellora da comunicación entre o sistema sanitario e os pacientes con ELA, xa que se adquiriu un lector ocular para cada hospital público co obxectivo de garantir a autonomía destes pacientes e quebrar o illamento destas persoas na relación cos seus centros sanitarios. Do mesmo xeito, apuntou, a Consellería está elaborando xa o concurso para poder dispensar ás persoas con ELA un lector deste tipo no primeiro semestre do ano. Este lector ocular, anunciou, estenderase tamén a pacientes con trastornos neuromotores graves que en fases avanzadas da enfermidade comprometen severamente a capacidade de comunicación do paciente coa súa contorna.

O Sergas dispensará ás persoas con ELA un lector ocular para facilitar a súa...