domingo. 24.11.2024

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola organización sindical Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), na xornada de hoxe, correspondente á quenda de tarde, está a ser secundada nos centros asistenciais polo 2,25% do total do persoal chamado á folga.

Por áreas sanitarias, o seguimento é do 0% na Área Sanitaria da Coruña e Cee; do 6,52% na Área Sanitaria de Ferrol; do 3,59% na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza; do 0% na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; do 0% na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; do 2,68% na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés; e do 5,42% na Área Sanitaria de Vigo.

Nas entidades adscritas (axencias, fundacións e empresas públicas) o seguimento foi nulo (0%).

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada é do 100%.
 

O seguimento da folga nos centros sanitarios na xornada de tarde é do 2,25% e estanse a...