As Súas Maxestades os Reises Magos de Oriente confirman un ano máis a súa visita a Ramirás convidados pola asociación cultural Rebulir e polo Concello de Ramirás. Será o vindeiro Domingo día 5 de xaneiro, e farán un percorrido por diferentes lugares destas terras. Comezarán facendo un roteiro polas aldeas da zona máis alta do Concello, para posteriormente facer unha parada na residencia da terceira idade do Mosteiro e visitar aos seus residentes e familiares. Logo as 17.45 h. acompañados da súa corte e garda persoal, farán a súa chegada nos coches oficiais ao Centro Cultural de O Picouto onde saudarán a nenos e nenas ramirenses. Posteriormente a súa comitiva pasará de novo por diferentes aldeas deste Val do Tuño.
A comitiva estará formada por diferentes vehículos antigos destinados a uso persoal de cada un dos reis e da súa corte; escoltará a garda real que velará en todo momento pola seguridade das SSMM, e a durante todo o percorrido tamén estarán acompañados polos músicos e pandereteiras/os da Asociación Rebulir.
Tamén se contará coa inestimable visita do carteiro real, que nestes días previos a visita das SSMM ten establecida unha oficina provisional no Centro Cultural de San Andrés (Vilavidal). O venres día 5 estará de novo recibindo aos nenos e nenas, e para iso contará coa axuda das animadoras de Xurxemurxe para amenizar a espera da comitiva real.
Cabe salientar, que os membros da Asociación
Cultural Rebulir, recuperarán un ano máis os cantos de reis que
tradicionalmente se cantaban de casa en casa. Deste xeito, mozos e mozas
percorrerán ata altas horas as casas das aldeas da zona tocando e pedindo
o aguinaldo como se facía antano. Neste ano 2020, visitaremos tamén a outras
asociacións e colectivos do Concello.