jueves. 21.11.2024

Medalla de Ouro ao pontevedrés César Portela

A Xunta pon en valor o prestixio e a excelencia acadados pola arquitectura galega a nivel nacional como demostra o feito de que o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España decidira concederlle ao pontevedrés César Portela a Medalla de Ouro de Arquitectura 2023, unha das distincións máis prestixiosas que concede a profesión en todo o país.
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu onte á noite á cerimonia de entrega dos Premios Arquitectura 2023 en Madrid.

A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu en representación do Goberno galego á cerimonia de entrega de premios celebrada onte no Museo Nacional do Prado en Madrid e na que o principal distintivo recaeu sobre o célebre arquitecto galego.

Neste sentido, a directora salientou a importancia de Portela e do seu traballo como referente para as novas xeracións de profesionais de todo o país e de forma particular, para moitos arquitectos formados na Escola de Arquitectura da Coruña, onde, lembrou, foi o seu profesor de proxectos.

De feito, ao longo da súa larga e recoñecida traxectoria profesional, César Portela recibiu numerosas distincións entre as que destacan o Premio Nacional de Arquitectura (1999), o Premio Nacional de Urbanismo (1981), a Medalla de Ouro do Consello de Europa (1982) ou o Premio Europeo Philippe Rotthier (2002), entre outros.

Así mesmo, cómpre lembrar que foi autor de obras de grande relevancia en diferentes puntos de España e noutros países do mundo. Entre elas e no caso concreto de Galicia, pódense mencionar o cemiterio de Fisterra, o Museo de Historia Natural ou o edificio da Domus, ambos na cidade da Coruña, e tamén importantes intervencións sobre o espazo público como foron a rehabilitación da illa de San Simón ou o plan especial de intervención no Pazo de Oca e o seu entorno.

Medalla de Ouro ao pontevedrés César Portela
Comentarios