viernes. 22.11.2024

O próximo 6 de outubro, un grupo de máis de cen persoas dará comezo ao Camiño de Ignacio Taverneiro, un percorrido de 16 km que partirá de Salvaterra de Miño ata Ponteareas, cun nivel de dificultade sinxelo. Esta será a primeira etapa dunha ruta que continuará mes a mes, pasando por lugares como Ponteareas, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas, Cotobade e Cerdedo, ata chegar a Compostela por A Estrada.

O Camiño de Ignacio Taverneiro, con 130 km de extensión, ofrece aos camiñantes a oportunidade de coñecer o interior da provincia de Pontevedra, atravesando paraxes de gran valor cultural e natural, lonxe das rutas máis masificadas. Esta senda xacobea ten a súa orixe na historia dun peregrino, Ignacio Taverneiro, veciño de Ponte Caldelas, que faleceu durante a súa viaxe de regreso no ano 1784, e ao cal se lle dedicou este camiño.

Aqueles interesados en unirse á primeira etapa, que se realizará o 6 de outubro, poden inscribirse enviando un WhatsApp ao número 636788368.

En marcha o Camiño de Ignacio Taverneiro: unha nova ruta xacobea dende Salvaterra ata...
Comentarios