jueves. 21.11.2024

Laura Delgado, Premio Artesanía de Galicia

Alfonso Rueda felicitou á gañadora do Premio Artesanía de Galicia, Laura Delgado, de Cambre, que na súa obra O mundo ao revés. Coctelería Peliqueira combina na cerámica a cultura polinesia co entroido tradicional de Ourense; e a Carmen Riveiro, de Zas, que recibiu o premio á súa traxectoria como tecedeira pero tamén ao seu labor na recuperación e promoción do tecido de liño. Do mesmo xeito valorou o traballo de Julia Vilariño, de Pontedeume, gañadora da bolsa Eloy Gesto e que destaca pola aplicación do folclore tradicional no eido da sombreiraría.
O presidente da Xunta interveu no acto de entrega dos Premios Artesanía 2022.
O presidente da Xunta interveu no acto de entrega dos Premios Artesanía 2022.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, valorou o talento e a capacidade da artesanía de Galicia para xerar produtos con personalidade e valor engadido no mercado global. O titular do Goberno galego interveu no acto de entrega dos Premios Artesanía de Galicia 2022, ao que acudiu acompañado polo vicepresidente primeiro, Francisco Conde.

Alfonso Rueda felicitou á gañadora do Premio Artesanía de Galicia, Laura Delgado, de Cambre, que na súa obra O mundo ao revés. Coctelería Peliqueira combina na cerámica a cultura polinesia co entroido tradicional de Ourense; e a Carmen Riveiro, de Zas, que recibiu o premio á súa traxectoria como tecedeira pero tamén ao seu labor na recuperación e promoción do tecido de liño. Do mesmo xeito valorou o traballo de Julia Vilariño, de Pontedeume, gañadora da bolsa Eloy Gesto e que destaca pola aplicación do folclore tradicional no eido da sombreiraría. O presidente da Xunta destacou a traxectoria de todos eles e a súa contribución a unha arte e un oficio que xera valor engadido na Comunidade galega.

O sector conta en Galicia con 3.300 artesáns e preto de 800 obradoiros que dan emprego a 7.800 persoas. O seu traballo e as sinerxías creadas coa colaboración do Goberno galego permitiron consolidar unha marca de prestixio como é Artesanía de Galicia, sendo a primeira CC.AA. que posúe un selo propio no sector.

Desde hai oito anos e co obxectivo de crear canteira, en torno á metade dos novos obradoiros rexistrados van ligados a novos talentos que, ademais, medran día a día na súa proxección internacional. O presidente Alfonso Rueda lembrou que os produtos de Artesanía de Galicia xa están presentes no Reino Unido, Suecia, Francia, Australia, Xapón, Alemaña, Dinamarca ou Italia, ademais de colaborar “con marcas de prestixio e institucións recoñecidas internacionalmente”.

O mandatario galego recordou que a Xunta leva investidos desde o ano 2009 máis de 22 millóns de euros na Fundación Artesanía de Galicia e no sector co obxectivo de afondar na promoción, comercialización e formación dos artesáns galegos.

Laura Delgado, Premio Artesanía de Galicia
Comentarios