viernes. 22.11.2024
A conselleira de Política Social respondeu no Pleno do Parlamento sobre a atención a persoas dependentes

Galicia, maior porcentaxe de persoas con dependencia recoñecida atendidas

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou este mércores no Pleno do Parlamento que Galicia é a segunda comunidade autónoma de España cunha maior porcentaxe de persoas con dependencia recoñecida atendidas. Un 95% das galegas e galegos están atendidos, isto é, nove puntos por riba de media nacional.
Fabiola García, no Pleno do Parlamento que Galicia.
Fabiola García, no Pleno do Parlamento que Galicia.
Fabiola García, no Pleno do Parlamento que Galicia.
Fabiola García, no Pleno do Parlamento que Galicia.

Fabiola García explicou que desde o 2009, a Xunta multiplicou por catro o número de dependentes atendidos, de 15.000 a máis de 65.400. Este incremento é grazas a duplicar a oferta de prazas sostidas con fondos públicos en residencias de maiores ao pasar de 5500 a 13.000; pola creación das casas do maior, que acadarán as 120 ao rematar o ano ou ao reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, programa Xantar na Casas e a teleasistencia.

Así mesmo, a conselleira recordou que o Goberno galego seguirá reforzando estes servizos ao poñer en marcha un Plan de Choque en dependencia, que reducirá á metade os tempos de agarda, diminuirá á metade o número de folios que se teñan que cubrir e permitirá levar máis axudas e máis servizos de dependencia aos galegos.

Ademais, subliñou que Galicia destina 430 millóns de euros na atención á dependencia e dous terzos da factura total seguen correndo por conta da Xunta de Galicia. Fabiola García recordou que para cumprir a Lei de dependencia o Goberno central ten que investir 150 millóns de euros máis cada ano do que fai hoxe. A débeda pendente con Galicia desde o 2009 xa supera os 1000 millóns de euros.

Galicia, maior porcentaxe de persoas con dependencia recoñecida atendidas