jueves. 21.11.2024

O Encontro Galego CIBER.gal acollerá a segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’

No Certame, patrocinado por Telefónica, poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, e os concursantes realizarán unha rolda clasificatoria en liña o día 20 de outubro, na que haberá que responder a unha seria de preguntas sobre ciberseguridade. Durante esta fase seleccionaranse tres equipos de cada unha das categorías (Primaria e ESO), que participarán nunha final presencial o día 10 de novembro no marco das actividades do Encontro.
Happy schoolgirl and her classmates e-learning over laptops during a class in the classroom.
Happy schoolgirl and her classmates e-learning over laptops during a class in the classroom.

A segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se celebrará en Santiago os días 9 e 10 de novembro, volverá acoller entre as súas actividades un concurso escolar dirixido a centros educativos de Galicia de Primaria e da ESO.

No Certame, patrocinado por Telefónica, poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, e os concursantes realizarán unha rolda clasificatoria en liña o día 20 de outubro, na que haberá que responder a unha seria de preguntas sobre ciberseguridade. Durante esta fase seleccionaranse tres equipos de cada unha das categorías (Primaria e ESO), que participarán nunha final presencial o día 10 de novembro no marco das actividades do Encontro.

O prazo de inscrición ao certame, dirixido a centros educativos de Primaria e ESO de Galicia, permanecerá aberto ata o 10 de outubro

Os centros que queiran participar poderán inscribirse neste enlace ata o vindeiro 10 de outubro antes das 14:00 horas. Os organizadores agardan superar os resultados da edición anterior, na que participaron máis de 1.600 escolares en 67 equipos procedentes de toda Galicia.

A segunda edición do Encontro Galego de Ciberseguridade, promovida e organizada polo Nodo CIBER.gal, reunirá no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela aos principais expertos de España en seguridade informática. Entre eles, teñen confirmada a súa participación o recoñecido especialista en riscos e gobernanza dixital de empresa Ramsés Gallego, ou o investigador de ‘hacking’ e integrante do equipo de seguridade de IBM Enrique Serrano Aparicio. No Encontro estarán representantes das entidades públicas e privadas que conforman o Nodo CIBER.Gal, entre elas os principais organismos de referencia de ciberseguridade en España: o Centro Criptolóxico Nacional (CCN) e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe).

Poderá participar o alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º da ESO, que terá que responder a preguntas sobre ciberseguridade

A primeira xornada do Encontro, o 9 de novembro, estará dedicada á ciberseguridade nas Administracións Públicas e as empresas. A segunda xornada estará dirixida á cidadanía, e contará, ademais do concurso escolar, con actividades como unha representación teatral sobre a detección dos riscos tecnolóxicos, unha sesión de ‘hacking’ en directo, talleres prácticos ou un concurso para perfiles técnicos “Capture the flag”.

O Nodo CIBER.gal é un espazo de colaboración público-privado fundado pola Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

O Encontro Galego CIBER.gal acollerá a segunda edición do concurso ‘Ciberseguridade no...
Comentarios