sábado. 23.11.2024

Convocado o premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués

A Xunta abriu o prazo para participar na 9º edición do premio de relato curto Nortear, impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, en colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal, e que recoñece obras en galego ou portugués.
Fragmento del cartel anunciador.

Dotada con 3.000 euros, a iniciativa diríxese á mocidade de entre 16 e 36 anos de Galicia ou do norte de Portugal, que teñan unha escrita orixinal e inédita de 5.000 a 8.000 palabras de extensión. Ademais de recibir a dotación económica, a persoa gañadora verá o seu traballo publicado nas linguas galega e portuguesa.

O prazo para presentar as candidaturas permanecerá aberto ata o 30 de xuño a través da web da plataforma Nortear (https://nortear.gnpaect.eu/).

O premio converteuse nunha plataforma de lanzamento para a mocidade escritora da Eurorrexión, ao distinguir anualmente obras literarias orixinais, incentivar a creatividade literaria e promover a distribución das obras alén as fronteiras. Cofinanciado polo Programa Operativo de Cooperación Transfroteiriza España-Portugal (POCTEP), trátase dun espazo cultural compartido no marco da colaboración continuada entre a Xunta e a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal a prol do coñecemento mutuo da cultura, a literatura e a creación artística en xeral.

As persoas gañadoras das anteriores edicións do premio Nortear, ás que concorreron máis de 300 obras, foron Lara Dopazo Ruibal, Rui Cerqueira Coello, Cecília Santomé, Sara Brandão, Sabela Varela, Célia Fraga, Pedro Rodríguez Villar e Marta Pais de Oliveira.

Convocado o premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués
Comentarios