domingo. 24.11.2024

Carpintería de ribeira, piar do patrimonio marítimo galego

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se vai celebrar en Sada entre os días 3 e 6 de agosto. Durante o acto, destacaron a importancia da carpintería de ribeira como un piar fundamental do patrimonio marítimo galego (...)
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron na presentación da próxima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron na presentación da próxima edición do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá en Santiago de Compostela na presentación do XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se vai celebrar en Sada entre os días 3 e 6 de agosto. Durante o acto, destacaron a importancia da carpintería de ribeira como un piar fundamental do patrimonio marítimo galego, así como unha actividade económica ecolóxica e competitiva, un oficio multidisciplinar de fonda tradición en Galicia e que encaixa ao mesmo tempo coas últimas tendencias relacionadas coa bioeconomía circular e coa sustentabilidade.

Artesanía de Galicia estará presente no encontro a través dunha serie de demostracións que correrán a cargo da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira Agalcari, así como dunha feira de artesanía na que está prevista a participación de 10 profesionais de Artesanía de Galicia.

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial convoca cada dous anos desde 1993, o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia entre as súas asociacións, co obxectivo de poñer en valor a cultura patrimonial das embarcacións tradicionais e concienciar ao público da importancia de conservar e fomentar a carpintería de ribeira.

O evento consiste nunha gran concentración de embarcacións tradicionais representativas do patrimonio marítimo galego, así como doutras zonas xeográficas, acompañada dun programa de actividades de dinamización cultural e de demostración de oficios artesanais vinculados ao mar, que en cada edición conta co apoio de Artesanía de Galicia.

Carpintería de ribeira, piar do patrimonio marítimo galego
Comentarios