domingo. 24.11.2024

O emprendemento como camiño á excelencia, o fío condutor da segunda xornada da Semana GastroCultural da EFA A Cancela, nas Neves. Baixo a dirección de Lara Fernández, os distintos relatores subiron ao palco motivando e inspirando os alumnos a ser emprendedores.este xoves.

Así Selene Barros e Cristina Gil, logopedista e terapeuta ocupacional respectivamente, fundadoras da empresa Micelio que actúa na comarca do Condado, identificaron o rural e a Natureza como potencial e aposta para transitar un camiño de excelencia.

“A excelencia é un horizonte que non se alcanza nunca... un camiño á calidade. Cada vez queremos facelo mellor”, afirmou a que fora xerente do Sergas, a doutora Estrella López-Pardo . A doutora insistiulles aos alumnos no liderado, como influír nas cousas para que ocorran...Máis que mandar é unha actitude de servizo...

IMG_1625
Selene y Cristina de Micelio. 

A fundadora de Eleven School, Cristina Pereira, criticou que a excelencia no ámbito da educación non é o mesmo que no mundo empresarial. Éxito académico non é igual que garantir o futuro económico dun alumno. Trátase de que o futuro adulto faga aquilo que lle gusta cunha estratexia: onde vou estar mellor e por riba vanme pagar.

Tamén Pereira indicou como perseguir a excelencia: cun modelo de aprendizaxe centrado na persoa; con conciencia de respecto a un mesmo, aos demais e ao planeta; e, o máis importante, adestramento en habilidades para a vida”.

IMG_1644
Caterina Ruzza de AEPF y Cristina Pereira de Eleven School. 

Na tarefa educativa, Eleven School acompáñase de xente excelente. Por iso, Pereira trouxo a Caterina Ruzza, presidenta do Comité de Educación Financeira, AEPF. Ruzza aseverou que os nenos incorporan os cambios de xeito rápido e os resultados chegan axiña. Eleven School, onde ela imparte educación financeira, organizou o Máster Kids en finanzas persoais e emprendemento. Así búscase conducir os estudantes ao mundo empresarial iniciado na familia.

A delegada de KCN, Kairo Club de Negocios, unha aceleradora de contactos entre empresarios, Lina Río Fernández, tocou o tema do éxito a través do emprendemento e o Networking. Antes púxolles unha coñecida canción coa que se gañou o auditorio.

A música pon en pé aos estudantes.
A música pon en pé aos estudantes.

Luis Cabarcos Corral, director xeral de AGACAL da Xunta de Galicia, animou os estudantes a non só pensar no que estaban a escoitar senón a facelo. Entre outras ideas, dixo que as subvencións son para axudar, pero non son un fin en si mesmas. Enxalzou a profesión de vendedor como se entende en EEUU.  E engadiu que tanto a aptitude como a actitude marcan a diferenza nun emprendedor.

Cabarcos gabou a calidade diferenciada de Galicia por ser enclave rural e pola súa tradición secular.  E deu moita importancia ao “capital relacional”.

Luis Cabarcos, director xeral de AGACAL:
Luis Cabarcos, director xeral de AGACAL:

Para o director xeral de AGACAL, o medio rural ten mellores oportunidades para emprender. E asegurou que Galicia ten as mellores condicións para a produción alimentaria. Sinala que un dos medos de Europa é quedar sen abastecemento de alimentos. Galicia, dixo, destaca na credibilidade na produción de alimentos, animando a aproveitar esta sinerxía.

Clausurou a Semana GastroCultural o alcalde das Neves, José Manuel Alfonso. Antes, a presidenta da Asociación EFA A Cancela, Mari Carmen Gil, anunciou o próximo comezo de obras no centro A Cancela para reparar a cuberta do edificio grazas ao impulso dun novo convenio por parte do Concello das Neves e a Xunta de Galicia.

IMG_1671
Mari Carmen Gil, presidenta de A Cancela. 

Gil desexoulles aos estudantes que “o seu benfacer redunde no voso territorio  rural”.

O alcalde interpelou os rapaces e rapazas presentes no auditorio nevense José Gil. Preguntoulles con que tres conceptos quedaran destas xornadas. El enumerou os seus: Servizo, Calidade e Excelencia.

Motivou os estudantes a amar o seu territorio, pasar polo mundo mellorándoo, e a quererse eles mesmos para estar ben e poderse ocupar de axudar aos demais.

IMG_1675
José Manuel Alfonso, alcalde de As Neces. 

Antes, José Manuel Alfonso gabou o labor das EFAS e o seu traballo a prol da formación técnica, así como formación humana neste territorio.

Os estudantes terán que traballar todos estes temas nos vindeiros días nas súas respectivas clases na Cancela.  

 

A Cancela, acendendo a excelencia rural: o emprendemento como catalizador do cambio
Comentarios