viernes. 22.11.2024

Axuda a colectivos desfavorecidos e bono de conexión a Internet

Nova orde de axudas, incrementaranse ata un 40% as achegas para comedores sociais, albergues e centros de acollida. Ademais, informou de que se impulsarán novos programas para favorecer o acceso ao mercado laboral das persoas que aínda están fóra del e actuacións de inclusión da poboación inmigrante. A segunda iniciativa para axudar os colectivos en situación máis desfavorecida dos que deu conta o titular do Executivo galego foi o bono de 240 euros ao ano para que as familias de ingresos moi baixos sen conexión á internet 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueba,  fixo anuncios en materia de política social, nas que salientou que o goberno segue arbitrando medidas para atender aos colectivos máis desfavorecidos. Así, avanzou que no Consello da Xunta dará luz verde a dúas iniciativas para atender os galegos e galegas máis vulnerables.

En concreto, adiantou que a primeira delas será unha nova orde de axudas de 7,2 millóns de euros, destinadas ás ONG de loita contra a pobreza. “Non nos importa que non lles quede claro de quen proveñen, o que nos importa é que lle chegue”, subliñou.

Rueda debullou que, con esta nova orde de axudas, incrementaranse ata un 40% as achegas para comedores sociais, albergues e centros de acollida. Ademais, informou de que se impulsarán novos programas para favorecer o acceso ao mercado laboral das persoas que aínda están fóra del e actuacións de inclusión da poboación inmigrante.

INTERNET

A segunda iniciativa para axudar os colectivos en situación máis desfavorecida dos que deu conta o titular do Executivo galego foi o bono de 240 euros ao ano para que as familias de ingresos moi baixos sen conexión á internet poidan contratar este servizos “que, a día de hoxe, é fundamental, tanto para a vida cotiá, como para o acceso ao mundo laboral”, argumentou.

“Non podemos esquecer que a mellor política social que existe par axudar a colectivos desfavorecidos é que haxa pleno emprego”, engadiu Rueda, quen acabou a súa intervención no pleno do Parlamento de Galicia asegurando que, nestes momentos de “incertezas” o que necesita Galicia é “estabilidade, responsabilidade, diálogo e solvencia”, como o que se están ofrecer desde o Goberno galego.

Axuda a colectivos desfavorecidos e bono de conexión a Internet
Comentarios