viernes. 22.11.2024

Unha alumna do Colexio Asunción de Sarria gaña o concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2024

A gañadora do concurso foi Chloe Pérez Moreno, alumna de quinto curso do CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria (Lugo). Baixo o título “Un mundo de madeira”, o seu debuxo amosa un mundo ideal a través dunha árbore de gran tamaño collendo da man a outras dúas árbores máis pequenas, moi risoñas, baixo un ceo solleiro. Un xurado de expertos decidiu a proposta gañadora, da que se valorou a súa sinxeleza e a conexión coa temática desta edición da feira.

A gañadora do concurso, Chloe Pérez Moreno, alumna de quinto curso do CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria (Lugo).
A gañadora do concurso, Chloe Pérez Moreno, alumna de quinto curso do CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria (Lugo).

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. Busca achegar a ciencia á sociedade, en particular ao estudantado de Primaria, Educación Especial, Secundaria, FP e Bacharelato. Desenvólvese en colaboración coa Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades. Esta 19ª edición celebrarase no mes de maio, co lema “Mellor, de Madeira”.

Ademais do concurso de proxectos, convocouse o xa habitual concurso de deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2024. Este certame ía dirixido a todo o alumnado de Primaria dos centros educativos de Galicia. As propostas debían ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática desta edición da feira, “Mellor, de Madeira”.

ÁRBORES COLLIDAS DA MAN

A gañadora do concurso foi Chloe Pérez Moreno, alumna de quinto curso do CPR Nosa Señora da Asunción de Sarria (Lugo). Baixo o título “Un mundo de madeira”, o seu debuxo amosa un mundo ideal a través dunha árbore de gran tamaño collendo da man a outras dúas árbores máis pequenas, moi risoñas, baixo un ceo solleiro. Un xurado de expertos decidiu a proposta gañadora, da que se valorou a súa sinxeleza e a conexión coa temática desta edición da feira.

debuxo_camiseta
Debuxo da galadora que ilustrará as camisetas.

Ao certame presentáronse un total de 196 debuxos procedentes de 11 centros educativos de Primaria de toda Galicia. A rapaza premiada recibirá camisetas para toda a súa clase, con exemplares tamén para os seus profesores e familiares. Así mesmo, distribuiranse camisetas entre o persoal da organización de Galiciencia e entre o alumnado que presente os seus proxectos na feira.

Máis información

Unha alumna do Colexio Asunción de Sarria gaña o concurso de deseño da camiseta oficial...
Comentarios