viernes. 22.11.2024

4 M€ este ano para que máis de 400 galegas e galegos no exterior regresen a Galicia cun contrato indefinido na man

Galicia puxo en marcha no ano 2018 a Estratexia Retorno para facilitar o regreso das galegas e galegos que no seu día emigraron ou dos seus descendentes. A iniciativa baseábase en tres pilares: o dereito a retornar, a loita contra o despoboamento e a competitividade. A medida tivo un éxito maior aínda do que se agardaba grazas ás axudas a familias que querían retornar, ao impulso á formación a través de iniciativas como as bolsas Beme, ás medidas para o fomento do emprendemento ou ao asesoramento e o acompañamento os retornados. 

O titular do Executivo galego, Alfonso Rueda, acompañado doutros membros do Goberno autonómico, presenta a Estratexia Galicia Retorna 2023-2026. Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (Ferrol), .

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanza que o Goberno galego destinará 4 millóns de euros este ano para que máis de 400 galegos no exterior regresen a Galicia cun contrato indefinido na man. O mandatario autonómico fixo este anuncio na presentación da Estratexia Galicia Retorna 2023-26, un acto no que estivo acompañado doutros membros do Goberno galego e de representantes do mundo empresarial e académico. 

Galicia puxo en marcha no ano 2018 a Estratexia Retorno para facilitar o regreso das galegas e galegos que no seu día emigraron ou dos seus descendentes. A iniciativa baseábase en tres pilares: o dereito a retornar, a loita contra o despoboamento e a competitividade. A medida tivo un éxito maior aínda do que se agardaba grazas ás axudas a familias que querían retornar, ao impulso á formación a través de iniciativas como as bolsas Beme, ás medidas para o fomento do emprendemento ou ao asesoramento e o acompañamento os retornados. 

Perante a acollida da convocatoria, a Xunta aprobou en decembro a Estratexia 2023-26, que inclúe un cento de medidas e un orzamento de 450 millóns para lograr o regreso de 30.000 persoas nos vindeiros catro anos. 

A nova Estratexia conta cun importante protagonismo do eido laboral, porque como indicou o presidente, o emprego é imprescindible para asentar poboación, de aí que se destinen 175 millóns ao desenvolvemento de 38 medidas que teñen que ver coas competencias profesionais e laborais das persoas beneficiarias. “Este é un documento de país -indicou Rueda-; único e realista”.  

No marco do diálogo social, o Goberno galego deseñou unha iniciativa novidosa, o programa Retorna Cualifica Emprego, que quere casar as vacantes das empresas coas necesidades laborais dos retornados. Alfonso Rueda anunciou que, a través desta iniciativa, a Xunta ten previsto que máis de 400 galegas e galegos do exterior con formación regresen a Galicia este ano cun contrato indefinido na man, ademais de dispor de asesoramento e tutela na súa nova andaina. O Goberno galego investirá 4 millóns nesta iniciativa coa que se dá un novo chanzo para adaptar as necesidades do mercado laboral á man de obra que precisa. 

O presidente da Xunta subliñou que Galicia aspira a acoller aínda a máis galegos e que o camiño máis axeitado é facelo a través do emprego. Indicou, ademais, que “é de xustiza” facelo porque a cidadanía galega débelle boa parte do seu actual progreso a todas as persoas que un día tiveron que marchar e que investiron boa parte do seu esforzo na terra da que partiron. “Queremos mudar a Galicia das despedidas pola Galicia das benvidas”, concluíu Alfonso Rueda.

4 M€ este ano para que máis de 400 galegas e galegos no exterior regresen a Galicia cun...
Comentarios