martes. 07.01.2025

Un total de 279 alumnos de 23 institutos de toda Galicia poderán acreditar de forma gratuíta o seu nivel de portugués co apoio da Xunta de Galicia. Estes son os seleccionados na nova convocatoria da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP que facilita que o alumnado de centros que imparten lingua portuguesa poida participar nas probas Camões Júnior para certificar as súas competencias neste idioma.

Galicia convértese así na primeira comunidade autónoma en subscribir un acordo destas características co Instituto Camões, un acordo que ademais deriva da aplicación da Lei Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía. A isto súmanse outros programas xa en marcha como Escolas de fronteira ou Ponte nas Ondas, que fomentan a relación entre os escolares de ambos países.

En total, realizarán estas probas, totalmente gratuítas para as familias, 181 alumnos de 4º de ESO e 98 de 2º de Bacharelato. Todos eles cursan Portugués como primeira ou segunda lingua estranxeira no seu centro. Os centros participantes son os seguintes: 

Provincia

Ayuntamiento

Centro

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Arzobispo Xelmírez I

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Arzobispo Xelmírez II

A Coruña

A Coruña

IES Monte das Moas

A Coruña

Mugardos

IES de Mugardos

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Antonio Fraguas Fraguas

A Coruña

Negreira

IES Xulián Magariños

A Coruña

Rianxo

IES Félix Muriel

A Coruña

Teo

IES de Cacheiras

A Coruña

Ordes

IES Ordes

A Coruña

Ames

IES del Milladoiro

A Coruña

Culleredo

IES Rego de Trabe

Lugo

Lugo

IES Ánxel Fole

Lugo

Guitiriz

IES Poeta Díaz Castro

Ourense

Verín

IES García-Barbón

Ourense

Ourense

IES O Couto

Pontevedra

Tui

IES San Paio

Pontevedra

Tui

IES Indalecio Pérez Tizón

Pontevedra

Caldas de Reis

IES Plurilingüe Aquis Celenis

Pontevedra

O Porriño

IES Ribeira del Rubio

Pontevedra

Tomiño

IES Antón Alonso Ríos

Pontevedra

A Estrada

IES Avelina Valladares

Pontevedra

Vigo

IES Valadares

Pontevedra

Ponteareas

IES do Barral

 

Probas en liña

As probas, que se realizan a través dunha plataforma electrónica, consisten nun único exame para avaliar o grao de desempeño global nas competencias de comprensión e de expresión oral (un 50% da puntuación total) e de comprensión e expresión escrita (outro 50%) co fin de acreditar o nivel lingüístico A1, A2 ou B2 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas.

Para conseguir a certificación, os estudantes terán que superar as probas do Exame de Portugués Lingua Estranxeira Camões Júnior, pero non terán que desprazarse para facelo, senón que as farán desde o seu centro educativo a través dunha plataforma electrónica.

O Instituto Camões será o encargado da organización e xestión das probas, que de forma xeral se levarán a cabo nas instalacións de cada centro educativo nas datas acordadas entre ambas partes.

279 alumnos galegos acreditarán o seu nivel de portugués grazas ao apoio da Xunta
Comentarios