domingo. 24.11.2024

106 prazas de médico especialista en atención primaria

A convocatoria ten como obxectivo paliar o déficit de facultativos na atención primaria e dar resposta adecuada ás necesidades deste nivel asistencial, garantindo a continuidade asistencial con criterios de calidade e tendo en conta as dificultades excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos de familia, as actuacións previstas no Plan galego de atención primaria 2019-2021, e a necesidade de establecer cambios na prestación asistencial e na ordenación dos recursos humanos dos equipos de atención primaria.

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a convocatoria da Oferta Pública de Emprego con 106 prazas de médico, na especialidade de atención primaria.

Mediante esta OPE, cuxo proceso de selección se levará a cabo a través do sistema de concurso de méritos, Galicia converterase na primeira Comunidade en adoptar este sistema selectivo para captar médicos.

A convocatoria ten como obxectivo paliar o déficit de facultativos na atención primaria e dar resposta adecuada ás necesidades deste nivel asistencial, garantindo a continuidade asistencial con criterios de calidade e tendo en conta as dificultades excepcionais relacionadas coa escaseza de profesionais médicos de familia, as actuacións previstas no Plan galego de atención primaria 2019-2021, e a necesidade de establecer cambios na prestación asistencial e na ordenación dos recursos humanos dos equipos de atención primaria.

En relación ao número de prazas da OPE, 73 delas corresponden á quenda de acceso libre, 6 resérvanse para o acceso de persoas con discapacidade e 27 á promoción interna. Así,poderán participar neste procedemento todos aqueles MIR que estean no último ano de formación na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria.

Entre as características das novas prazas é salientable o caracter mixto que posúen no referido á prestación de servizos, pois combinarán a atención sanitaria nos centros de saúde como nos Puntos de Atención Continuada (PAC).

As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, no modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional ( Fides/ expedient-e/Sección de Procesos/ OPE). Así, o plazo de presentación de solicitudes estenderase desde mañá día 28 de abril, até o próximo 31 de maio.

Dun xeito particular, e para os efectos de posibilitar a participación do persoal médico residente (MIR) que está actualmente no seu último ano de formación na especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria, amplíase o prazo de acreditación do título da especialidade e dos méritos asociados a este, que poderán presentarse ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos e excluídos do proceso.

As persoas seleccionadas neste proceso, unha vez acrediten dous anos de permanencia na situación de servizo activo no desenvolvemento das funcións desta categoría, poderán participar, por promoción interna, nos procesos de selección fixa para o acceso ás categorías de persoal médico de familia, de urxencias hospitalarias ou persoal médico de hospitalización a domicilio, para as que habilita a mesma titulación de acceso.

Así mesmo, transcorrido un ano desde a toma de posesión poderán participar no concurso de traslados aberto e permanente para o acceso a outros destinos da mesma categoría, dentro do Servizo Galego de Saúde.

REFORZAR

Esta OPE engádese a outras medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para reforzar os Recursos Humanos no nivel asistencial da atención primaria, como a implementación da modalidade de nomeamento de atención continuada; a incorporación de persoal médico técnico de saúde de atención primaria para a realización de funcións de apoio ou a incorporación de persoal de enfermería coa especialidade de enfermería familiar e comunitaria e pediátrica, entre outras.

Así mesmo, esta convocatoria súmase aos 73 procesos doutras categorías que actualmente en tramitación e que permitirán a incorporación de 2.000 profesionais máis con vínculo fixo. Delas, 1.320 xa están en fase de concurso e 680 realizarán durante seis xornadas de exame, cuxo comezo se produciu nas xornadas do 23 e 24 de abril, e que continuarán os días 7, 8, 14 e 15 de maio.

Ademais, durante os últimos anos a Xunta vén adoptando diferentes medidas de reorganización para optimizar a atención primaria galega, como son a Instrución TAO, que permite ao persoal de enfermería asumir o seguimento de pacientes con tratamentos de anticoagulantes; a posibilidade de prescrición de pacientes crónicos por parte do persoal farmacéutico; a implantación de axendas de calidade para o persoal médico e de enfermería, a elaboración dos Plan de Saúde locais que dotan de maior autonomía aos centros de Saúde, así como outras melloras, como son a posta en marcha Plataforma CRM100, que permite a xestión das chamada que se reciben nos centros de Saúde; ou o Sistema Integral de Clasificación da Demanda en Equipo (XIDE), que contribuirá a optimizar o funcionamento do nivel asistencial máis próximo á cidadanía.

106 prazas de médico especialista en atención primaria