Fantástica xornada atlética a vivida nas pistas municipais de Balaidos durante a disputa do Campionato de Galicia Sub14 e Campionato de Galicia Máster durante o día de hoxe.
A xornada da mañán, que estaría reservada aos Sub14, o máis salientable por rexistros foi o récord galego Sub14 de Alex Sierpes do Trega na proba dos 1.000 Obstáculos cun crono de 3:03.68.. De igual modo resultaron salientables os triunfos de Eloy Vázquez da Atlética Barbanza, gañando as probas dos 80 m. con 10.08 e sendo prata nos 150m .
Nos 150 salientamos o rexistro de Adrián Bernárdez do Val Miñor quen gañaba a proba con 18.73. Nos 500 m. Oscar Otero do Pinarium domiñaba a a distancia con 1:19.09 ao igual que nos valados Adrián Pérez da Atlética Lucense con 32.15. Bo rexistro na categoría femenina sobre o medio kilometro para Jimena Outes do Coruña Comarca con 1:20.43.
Sabela Castelo do Vila de Cangas proclamábase campioa galega dos 1.000 m. cun bo crono de 3:05.14 ao igual que María Estévez da Atlética A Silva nos 1.000 obstáculos con 3:35.00
Nos concursos de saltos, destacamos os rexistros de Jesús Arias da Atética Lucense quen saltaba en pértega ata os 2.61 polos 5.35 de Nuno Castro do Millaraio en lonxitude e os 10.70 m. de Tomás Adega da Gimnástica en triplo.
Na categoría feminana os resultados máis salientable foron para a atleta da CD La Purísima Iria Solera quen chegaba ata o 1,53 m. en altura así como os 2.51 m. en pértega de Helena Bello do Vila de Cangas
Nos lanzamentos, bos os 11.88 m. en peso de David Losada do Fontes do Sar, os 32.10 m. de Sergio Fernández do ADAS Proinor no disco e os 43.49 m. de Francisco de Borja do Real Club Celta en martelo.
Na categoría femenina Antía Otero impoñíase tanto no concurso de peso con 9.07 m. como en xavelina con 27.92 m. tendo o lanzamento de disco a Noa Romero do Narón como a domiñadora cun salientable lanzamento de 25.85.
A líder do ránking nacional en martelo Marta Hermida do A.F.Celta, non daba opcións no concurso en martelo de 2 kg. con 50.65 m. ao igual que o tamén líder do nacional de xavelina Nuno Castro do Millaraio con 35.39
Por último na proba dos 2.000 marcha, Noa Díaz do Narón remataba a proba cuns moi interesantes 10:41.64.
MÁSTER DE CLUBS
No campionato de Galicia de Máster por clubs que se disputaba na xornada de tarde, deixaba o triunfo na categoría masculina do Club Atletismo Sada que estivo acompañado polo Samertolameu na segunda posición e polo Atletismo Narón.
Na categoría femenina a victoria correspondía ao club Samertolameu quen toma o relevo do equipo masculino, gañador no ano 2019, seguido do Club Atletsimo Sada e CD la Purísima.
En canto a resultados individuais o máis salientable foi o récord de España F60 logrado pola atleta da A. A Silva, María de los Angeles Rodríguez na proba dos 2.000 obstáculos F60 cun rexistro de 10:22.73 . Importante rexistro de igual modo o logrado polo tamén atleta de A Silva Juan Manuel Bello no concurso de pértega na M50 quen lograba sobrepasar o listón a 3.60 m. mellorando en sete cm. o recórd que el mesmo tiña.
Por parte do Club Atletismo Sada lograban récords galegos da súa categoría, Loreto Brea na F45 de martelo con 37,16 m. e María Luisa Armesto na F70 en xavelina con 11,89 m. e por parte do Club Atletismo Narón Roberto Tuimil nos 110 valos na M45 con 18,12 e Manuel Polo na M45 nos 3.000 marcha con 14:13.37.
Por último Cristina Estévez do A.F.Celta na F45 na proba dos 2.000 Obstáculos tamén lograba un novo récord da súa categoría con 8:13.28