viernes. 22.11.2024

Esta fin de semana sucedéronse a nivel estatal dúas importantes citas tanto no individual como no colectivo.

A nivel de clubs, deu comezo a primeira xornada do Campionato de Liga na que se atopaban incursos cinco equipos galegos na División de Honra e na Primeira División.

Na División de Honra, tanto RIA Ferrol na categoría femenina como Sociedad Gimnástica de Pontevedra na masculina, lograron o primeiro obxectivo que non era outro que o de evitar a última posición dos seus respectivos encontros que lles tería condicionado as restantes xornadas.

Tanto as ferrolás como os pontevedreses lograban o terceiro lugar nos seus cadrangulares que os sitúan na parte media da clasificación xeral cun total de dous puntos.

Jose Benito Gómez, bronce no Campionato de España de Montaña.

Pola súa banda resultados dispares foron os colleitados na Primeira División polos nosos representantes. O Real Club Celta en homes lograba un destacadísimo primeiro lugar no seu encontro disputado en Salamanca por diante dos locais, do Oviedo e do San Sebastián que o colocan cooliderando a clasificación con catro puntos. Menos fortuna tiveron as rapazas do A.F. Celta quenes non foron capaces de eludir o cuarto lugar no seu compromiso ligueiro en Madrid diante do Alcorcón, Sprint e Algeciras.

Por último, destacado tamén segundo posto do equipo feminino da Sociedad Gimnástica no súa cita de Gijón no que tan só cederon ante o Piélagos por apenas tres puntos e medio.

CARREIRAS DE MONTAÑA

Dúas medallas foi o balance dos doce galegos e galegas que tomaron parte no Campionato de España de Carreiras de Montaña-Trail Runnig disputado esta fin de semana na localidade cántabra de Liendres.

Esther Bouso, prata no Campionato de Esapaña de carreiras de montaña,

O primeiro dos metales foi para a ourensá María Esther Bouso do At. Samertolameu quen desta maneira inauguraba o seu medalleiro nesta especialidade logo de lograr a prata na categoría F55 cun tempo de 2h.19.41. Pola súa banda o tamén ourensá José Benito Gómez do Ourense Atletismo na categoría M60, lograba ocupar o terceiro escalón  do podio e traer de volta un fantástico bronce cun rexistro oficial de 1h.30:38.

Salientar igualmente os postos de finalistas de Nemesio Gutiérrez do At.Friol cuarto na categoría M60, e o oitavo lugar de Jordi Carrasco da S.D. Compostela na categoría M45.

RIA Ferrol e Sociedad Gimnástica de Pontevedra, terceiro lugar nos seus cadrangulares