domingo. 24.11.2024

A Secretaría Xeral para o Deporte, no nome do seu titular, José Ramón Lete Lasa, lamenta profundamente o pasamento da presidenta da Federación Galega de Karate e vicepresidenta da Real Federación Española de Karate e Disciplinas Asociadas, Carmiña Barro Pita, e envía as súas condolencias á súa familia, amigos, así como a todo o karate galego e demais modalidades e especialidades de loita.

Nas súas verbas, Lete Lasa puxo en valor o traballo de Carmiña ao longo de máis dunha década á fronte da federación galega e destacou a súa vocación de axuda ao deporte galego, mesmo cando estaba loitando contra a súa enfermidade. “Grazas á súa forza e entrega, o karate galego vive hoxe un mellor estado de forma que o que atopou ela á súa chegada”, sentenciou.

Do mesmo xeito, o responsable do Deporte galego tamén destacou a importancia do legado de mulleres como Carmiña Pita Barro que tiveron a decisión de situarse á fronte de entidades deportivas, ao tempo que animou a moitas outras a seguir os pasos de Carmiña para acadar a igualdade en todos os aspectos do deporte galego.

Falece Carmiña Barro Pita, presidenta da Federación Galega de Karate e vicepresidenta...