As pistas de Calabagueiros de O Barco de Valdeorras acollerán esta fin de semana unha intensisíma actividade atlética que concentrará entre o sábado e o domingo nada menos que a disputa dos Campionatos de Galicia de Probas Combinadas Absoluto e Sub23, o Campionato de clubs Sub14 e o Campionato de Galicia individual Sub23.
En total serán preto de catrocentos atletas quenes se pasen polo Barco a tomar parte nestas xornadas nas que contaremos ca presenza do atleta do Real Club Celta de Vigo Adolfo Sáinz-Maza participando no autonómico de Combinadas
No tocante ao Campionato individual Sub23, será tamén moi interesante a presenza entre outros e otras da atleta Cristina Garrido da Gimnástica quen tomará parte sobre os 100 m. A maiores tamén contaremos con Kristian Krasnov do Atletismo Sada nos 400 m.; Lucas Fernández do Coruña Comarca nos 800 m.; Santiago Rozas do Lucus Caixa Rural nos 110 valos e Pablo Saa do Real Club Celta en triplo e lonxitude serán os cabeza de cartel dun campionato que dará comezo xa o sábado ca disputa dos 5.000 m. continuando o resto de probas o domingo a partir das 9.30 da mañán
Por último serán un total de 29 os equipos participantes que compitan no Campionato de Galicia de Clubs Sub14 Trofeo ABANCA. Logo de que o ano pasado non se celebrara, será o Lucus Caixa Rural Galega na categoría masculina e o Vila de Cangas na categoría femenina, quenes defendan os títulos acadados precisamente neste mesmo escenario.
Xunto a eles tamén estarán tomando parte o ADAS Proinor, Atlética A Silva, Millaraio, Club Atletismo Narón , Club Atletismo Sada, C.D. La Purísima, Ourense Atletismo , Real Club Celta, Atletismo Feminino Celta, Sociedad Gimástica , Agrupación Viguesa, Marineda Atlético e Atlética Lucense.
Catrocentos atletas no Barco de Valdeorras
4 de junio de 2021, 1:10