viernes. 22.11.2024

A delegación da Federación Galega de Atletismo de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo, organiza o Campionato Xunta de Galicia Absoluto-Gran Premio ABANCA o vindeiro 18 de xullo nas pistas de atletismo de Balaídos.

Esta edición que representa a cita máis importante do calendario anual do atetismo galego, contará ca presenza dos máis destacados atletas galegos e galegas do momento os cales, e que logo da disputa dos Campionatos de España Absolutos acontecidos a semana pasada, pecharán a tempada de campionatos autonómicos.

Presenza de público nas bancadas e premios en metálico

Nesta edición, que coindide ca celebración do Centenario da Federación Galega, destinarase unha partida de 2.000 €  a repartir en premios entre as mellores marcas por táboa de puntuación W.A. Para elo valoraranse as tres mellores marcas dos sectores de carreiras/ marcha,  saltos e lanzamentos, establecéndose de igual modo, un premio en metálico de 200 € para a mellor marca dos campionatos.

De igual modo as medidas de seguridade COVID-19, continuarán aplicandose malia que se permitirá o acceso ao público acompañante ata un máximo de 250 persoas en cada xornada mantendo as normas básicas de distanciamento e emprego de máscara. Todos aqueles interesados poderán solicitalo a traves desta ligazón ata as 14.00 horas do xoves día 15 de xullo

Atletismo nas pistas de Balaídos