Menos de 24 horas é o que resta para que as Pistas Municipais de Balaidos, acollan unha nova edición correspondente ao Campionato de Galicia Absoluto marcada este ano por coincidir ca celebración do Centenario, creación e constitución da Federación Galega de Atletismo. Precisamente no día de onte producíase a presentación oficial nas pistas de Balaidos desta importante cita ca asistencia ademáis da do Presidente da FGA Isidoro Hornillos, de Manel Fernández en calidade de anfitrión e Concellal de Deportes do Concello de Vigo; Gorka Gómez Deputado Provincial de Deportes de Pontevedra e a de José Manuel Freire Coordinador do Deporte Escolar da Xunta de Galicia, os cales amosaban as súas felicitacións por este aniversario, salientando a idoneidade da elección desta sede por ser precisamente nesta mesma cidade onde a federación botaba a camiñar fai nada menos que un século.
Con algunhas ausencias importantes xustificadas por esa gran cita olímpica, repasamos as actuacións máis salientables que poderemos ver na categoría femenina.
A velocidade contará ca presencia destacada da futura paralímpica nos Xogos de Toquio e plusmarquista galega dos 100 e 200 m. Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural quen estará tomando parte en ambas distancias. Ante a ausencia da campioa de España Sub18 de pista cuberta nos 200 m. Ainhoa Reparaz, será Cristina Garrido da Gimnástica nos 100 m. e Andrea Pais do A.F. Celta nos 200 quenes loiten directamente ca lucense.
Nos 400 m. a flamante plusmarquista galega Sub20 María Fernández do Riazor Coruña, parte a priori como a clara favorita ao título galego ao igual que María Carballido do Friol quen acude cuns destacados 2:12.85 a esta cita autonómica nos 800 m.
Laura Santos do Lucus Caixa Rural non debería ter problema nos 1.500 m. onde estarán moi disputadas o resto de medallas entre Sandra Mosquera do Comesaña e Paula de la Torre da Gimnástica. Precisamente a internacional Sandra Mosquera, quen tamén figura inscrita nos 5.000 m., podería intentar competir tamén sobre esta distancia na que por rexistro parte como clara favorita.
Nos obstáculos Ana García do ADAS intentará continuar ca tradición da comarca valdeorresa de facerse co título sobre esta proba. Continuando cos valos, Lucía Ferrer da Gimnástica será quen xunto a Teresa Rodríguez do Riazor Coruña, protagonicen unha fermosa loita polo título galego, que terá a súa continuidade nos valos longos donde poderemos presenciar un dos pratos fortes do campinato con ese duelo interesantísimo entre Lucía Rivadulla do Ria Ferrol con 1:01.11 e Belén García do ADAS Proinor quen acude logo do seu recente bronce no nacional Sub23 con 1:01.54.
Na alturas dúas subcampioas de España loitarán pola medalla de ouro. Por unha banda Lucía Sánchez del Valle do Franciscanos acude logo de instalarse na barreira do 1,70 e co título de subcampioa de España en combinadas indoor. Xunto ela estará a subcampioa de España de Pista Cuberta Sub16 do ano pasado, Carlota Salgado do A.Feminino Celta quen acude con 1.66 m.
Na pértega Bea Viteri, que xunto a Victor Gallego na categoría masculina, é a atleta que máis medallas acumula nos Campionatos de Galicia absolutos, intentará ir a por un novo ouro que engadir ao seu palmarés, malia que delante dela terá a actual campioa galega Lola Bouza do ADAS Proinor quen estará saltando para acadar o mesmo obxectivo.
A lonxitude terá como indiscutible protagonista a Campioa de España absoluta e plusmarquista galega Leticia Gil quen estará compartindo foso con Olaia Guisela Becerril, chegada recentemente de Estados Unidos, e de Lucía Sánchez del Valle, as cales estarán na loita polas medallas.
No triplo a campioa de España de pista cuberta Sub18 e finalista no nacional absoluto de aire libre Alba Cuns do Playas de Castellón terá algo mais doado o campionato ante a susencia da súa máxima rival Diaou Diallo do Ría Ferrol.
Os lanzamentos amosarán auténticos pratos fortes como o concurso de peso, onde contaremos con Raquel Vila do Atletismo Femenino Celta que acude con 12,73 m. e os 12,61 m. da subcampioa de España de pista cuberta Sub18 Xiana Lago do Ría Ferrol. Esta mesma atleta tomará parte no concurso de disco con claras opcións de podio nunha modalidade domiñada por María Ezquerro do C.Atletismo Sada quen se achega este ano cunha MM de 41.52 m.
A xavelina será outro dos grandes momentos na que intervirá, sen dereito a medalla, a cubana residente na Coruña, Yulenmis Aguilar do Atletismo Sada quen gañaba recentemente o concurso no Campionato de España de Federacións Autónomicas ca selección Galega e onde lanzaba ata unha das súas MMP de sempre 59,05 m. Xunto ela poderemos seguir á recente campioa de España Sub20 Paula Piñón do A.F. Celta, quen lanzaba nada menos que ata os 46,62 m. así como a da internacional Andrea González da Gimnástica na loita por unha das medallas desta importante modalidade no noso atletismo.
No martelo a presenza de Irene Gómez no Campionato de Europa Sub20 deixa lugar a que tanto Marta Neira do AVA como Blanca Pereira do Ourense Atletismo estén na disputa directa polo título galego.
Sen lugar a dúbidas unha das máis importantes atraccións dos campionatos será a presenza de Antía Chamosa na proba dos 5.000 marcha logo do súa fantástica medalla de bronce nos pasados Campionatos de Europa Sub23 de Tallín sobre a proba dos 20 km. A marchadora novamente e como nela é habitual, amosa o seu compromiso co atletismo galego tomando parte e aportando calidade á cita máis importante do ano.
Por último nesta categoría feminina, os relevos tanto dos 4×100 m. como nos 4×400 m. porán o punto e peche a esta cita que promete moita emoción e vistosidade.
Un moi interesante cartel masculino
O plusmarquista gelago e atleta internacional Mauro Triana será o prato forte tanto dos 100 m. como na dos 200 m. onde parte como claro favorito ante a ausencia a última hora de Chichu García.
Sen lugar a dúbidas unha das probas máis agardadas será a dos 400 m. na que estarán o recentemente chegado do europeo Sub23 Jacobo Soler do Rías Baixas, e os célticos Pedro Juncal e Jorge Román quenes acuden a Balaidos cunha igualdade máxima na loita pola prezada, e poucas veces, tan disputada medalla de ouro.
Outro dos nosos europeístas Sub23 de Tallín, Elian Numa López do Coruña Comarca, parte como claro favorito na proba dos 800 m. Mais igualdade existirá sobre os 1.500 na que tanto Carlos Porto da Gimnástica con 3:47.42 como Pablo Bocelo do Coruña Comarca con 3:48.02 estarán na loita polo título galego.
Nos 3.000 obstáculos a ausencia por lesión de Gonzalo Basconcelo deixa máis aberta este proba entre Roberto Trigo do C.A. Santiago e Hugo Suárez do Real Club Celta. Máis doado a priori debería ser os 5.000 m. para o lucense Esteban Iglesia do Lucus Caixa Rural Galega quen se achega cun rexistro de 14:22.44
Nos valos Santi Rozas estará tomando parte tanto sobre os 110 como nos 400 v. Na primeira delas terá como principal opoñente ao naronés Denmba Sanyang quen parte como favorito sobre esta distancia grazas aos seus 55.19. Na segunda tamén é claro favorito o atleta ecuatoriano de combinadas (quen toma parte sen dereito e medalla) Gerson Vidal Izaguirre situado no Top10 por marcas no ranking nacional con 14.04 m. e que tamén veremos como principal favorito, sobre a lonxitude.
Xa nos concursos, interesantes serán tanto o de altura entre Pablo Alonso do C.A. Santiago con 1,86 e Andrés Vila do Lugo Running con 1.84 m. como o de lonxitude onde a ausencia de Jean Marie Okutu será suplida pola igualdade entre os gimnásticos David Ferrer con 7,19 m. e Raúl Cortizo con 7,14 m.
O subcampión de España Sub23 de pista cuberta en triplo, Alex Barreiro do Lugo Running aparace en todas as apostas como máximo favorito ao igual que o internacional e plusmarquista galego Isaac Vicente en martelo con 63,25 m. Especial atención neste último concurso ao Sub23 e finalista no último absoluto nacional, Yago Araujo do Real Club Celta
Na xavelina tamén é salientable a participación do internacional lucense e campión de España absoluto no 2013 Manuel Uriz quen aportará calidade a este edición tan especial.
Victor Gallego será outro dos centros de atención. O capitán da gimnástica e carismático lanzador, conseguía o ano pasado na Coruña o seu vixésimo título de aire libre, que sumados aos de pista cuberta, fan del o atleta galego con máis títulos autonómicos da historia. Nesta edición tomará parte no concurso de disco e peso, proba esta última, na que o campión absoluto de pista cuberta Jaime Arias do Riazor Coruña, intentará novamente estar no máis alto do caixón. No disco, o campión de España máster Fran Guzmán do Atletismo Sada e Marcos Bouza do Fent Cami Mislata, loitarán por un tititulo moi igualado na que toma parte o venezolano Miguel Angel Granado do Real Club Celta.
Por último o campión galego Daniel Chamosa da Gimnástica de Pontevedra e o medallista internacional máster Juan Manuel Morales do Marineda, serán as principais atraccións dun campionato centenario que pechará ca disputa dos relevos.