A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informou onte da nova data aos membros da Mesa Local de La Vuelta e ao presidente da Comunidade de Montes de Mos.
A crise
santitaria do COVID-19 motivou un retraso de La Vuelta Ciclista a España do
presente ano 2020, que se celebrará entre o 20 de outubro e o 8 de novembro.
A etapa Mos-Porto
Matosinhos (que agora pasa a ser a etapa 15) terá lugar o xoves 5 de novembro,
e así llo comunicou onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, aos membros
integrantes da Mesa Local de La Vuelta, e ao presidente da Comunidade de Montes
de Mos, xa que do Pazo de Mos sairá a 15ª etapa de La Vuelta rumbo a Portugal e
con meta en Porto, Matosinhos.
Etapa 15 > Mos > Porto, Matosinhos
O xoves 5 de novembro
de 2020 terá lugar esta estapa chá de 178 km de percorrido de La Vuelta
Ciclista a España.
Mos é unha
das saídas inéditas de La Vuelta 20. A etapa ten un padriño de excepción. Óscar
Pereiro, embaixador de La Vuelta, gañador do Tour de Francia 2006, e nativo de
Mos.
Mos é un
punto de paso do Camiño de Santiago Portugués. Parada previa a Pontevedra,
desde Mos márchase cara ao norte, rumbo á Catedral de Santiago, onde remata o
camiño do peregrino. Con todo, o pelotón tomará o rumbo oposto dirixíndose cara
ao sur: Portugal.
Con este
cruzamento de fronteiras, e tras eliminar as tres primeiras estapas e a saída
desde os Países Baixos, a de Mos convértese na única etapa internacional de La
Vuelta. O percorrido da 15ª etapa bordeará a costa portuguesa, aínda que o
vento non debería afectar o desenvolvemento da etapa, con previsible chegada ao
sprint.