viernes. 22.11.2024

Esta fin de semana resultaría moi especial para o atletismo galego, xa que o pasado sábado cumplíronse cen anos da súa constitución coincidindo ca celebración da súa Asemblea Xeral Ordinaria.

Si todo esto acontecía o sábado, no domingo as pistas do CGTD de Potevedra volverían ser  sede da disputa dos Campionatos de Galicia de Pentathlon de lanzamentos máster así como a do Campionato de Galicia de Fondo e Medio Fondo para as categorías Sub10, Sub12 e Sub14

No concurso  de lanzamentos máster o máis salientable sería a participación do atleta M80 do ADAS Proinor José Manuel Almudí Martínez. O ¨patriarca´ da fantástica saga de lanzadores, sumaría nada menos seis récords galegos (martelo, peso, disco, xavelina, martelo pesado así como o concurso xeral de Pentathlon de lanzamentos da súa categoría) converténdose no gran protagonista da xornada. Tamén resultaría salientable o récord galego F50 de Marta Sureda do Lucus Caixa Rural Galega nesta última mesma modalidade cun total de 2.747 puntos.

Os gañadores por categorías serían as/os seguintes:

F35-45. Elisabeth Oya do Comesaña S.C. 2092 p.
M40-45. Javier Cid do ADAS Proinor con 3209 puntos,
M50-55. Xulio Ventín da Gimnástica con 3237
F50. Marta Sureda do Lucus CRG con  2747 p (RG)
F60. Ana Abuín da Atlética A Silva con 2.883 p.
M60.Carlos Ferrer do Atletismo Narón con 3281 p.
M70. Manuel Rodríguez do R.C.Celta 2665 p.
M80. José Almudí Martínez do ADAS Proinor 3136 p.(RG)

No tocante ao Campionato de Galicia para as probas de fondo e medio fondo, resultaron de igual modo gañadores/as os seguintes atletas:

Categoría Sub10

500 m. Emma Collazo do Vila de Cangas con 1:34.26 e Miguel Diz do Ría de Foz con 1:35.99
1.000  m. Lena Curras do Vila de Cangas con 3:44.84 e Samuel Pérez da Atlética Lucense con 3:41.39

Categoría Sub12

500 m. Alma Bello de A Silva con 1:26.52 e Juan Sieira do At. Negreira con 1:25.11
1.000 m. Lidia Balseiro do Maderas Barcia Lourenzá con 3:20.39 e Pablo Barreiro do Pinarium con 3:10.18

Categoría Sub14

500 m. Yael Boo do Barbanza con 1:23.54 e Javier Picos do Marineda con 1:18.01
1.000 m. Jimena Outes do Coruña Comarca con 3:07.91 e Adrián Pérez da Atlética Lucense con 2:57.13
2.000 m. Sabela Castelo do Vila de Cangas con 6:48.03 e Alex Sierpres do Trega con 6:17.06

José Manuel Martínez 'arrasa' con 80 anos