A
concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, informa que xa están
publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases do VIII Premio de
Investigación Fermín Bouza Brey.
O
Concello quere lembrar con este premio o nacemento, na vila do Tea, do ilustre
polígrafo e poeta Fermín Bouza Brey. A data de comezo do prazo de presentación
dos traballos está aberta dende o venres
día 8 de maio e os participantes terán tres meses para presentar os seus
traballos.
Aínda
que inicialmente nas bases se sinala o remate do prazo de entrega o día 30 de
xuño, debido ao estado de alarma o Concello verase na obriga de modificar o
prazo de remate de entrega dos traballos e que se fará público a través da
páxina web do Concello e das súas redes sociais.
Tódolos interesados e interesadas poden consultar as bases nesta ligazón da páxina web do Concello http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2020/05/VIII-Premio-de-Investigaci%C3%B3n-Ferm%C3%ADn-Bouza-Brey-1.pdf
Lois
Ladra foi o gañador da anterior edición co seu traballo ““A lamprea nas terras
do Condado: Aspectos etnolóxicos da pesca fluvial e artesanal e do patrimonio
fluvial o río Tea”.
O
premio, dotado con 3.000€, permite promover a investigación científica sobre
Ponteareas e a comarca do Condado, co que iso supón de afondamento na
identidade cultural de Galicia. Este premio, está aberto aos proxectos de
investigación científica
nos
campos da historia, arte, arqueoloxía, etnografía, literatura ou ciencias
sociais, que terán que ter, obrigatoriamente, como referente o municipio de
Ponteareas e complementariamente, a comarca do Condado.