O Concello de Ponteareas retoma as saídas de voluntariado ambiental xuvenil, unha serie de actividades de limpeza de residuos no medio natural que comezarán este mesmo domingo 3 de abril.
“Queremos concienciar á mocidade da importancia de conservar a nosa contorna natural, ao tempo que poñemos en valor o patrimonio medioambiental e fomentamos o traballo en equipo para conseguir facer de Ponteareas unha vila máis sostíbel”, sinala o concelleiro de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó.
Nesta ocasión os voluntarios e voluntarias participantes realizarán unha limpeza da contorna do río Uma de das sendas de Fontenla. A actividade comezará ás 11.00 horas e recoméndase a todas e todos acudir con auga, máscara, guantes, roupa cómoda e zapatos con sola axeitada por seguridade.
Todas as persoas interesadas poden solicitar información ou inscribirse chamando ou enviando unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 687 764 516 ou a través correo electrónico [email protected].