27 de agosto de 2020, 14:30
Dentro da programación de voluntariado ambiental xuvenil da concellaría de Mocidade e Voluntariado que dirixe Miguel Bouzó realizarase unha nova xornada de limpeza do río Tea este venres día 28.
Enmarcada na iniciativa "Venres polo Planeta", ás 17 horas os e as participantes subiránse aos kayaks para limpar o lixo que remata na augas do Tea. Todos aqueles e aquelas que desexen participar deberán inscribirse en [email protected] ou no número de teléfono 687 764 516
Concienciar á mocidade da importancia de conservar o noso medio natural, por en valor o patrimonio medioambiental e traballar en equipo para acadar unha vila máis sostíbel son os obxectivos das actividades do voluntariado ambiental xuvenil.