A cuarta edición da “Challenge Rías Baixas” de ciclismo que organiza o club “Master da Louriña” co apoio da Concellería de Deportes do Concello do Porriño, presentouse este mediodía nas instalacións do CEIP 'Fernández López' co alumnado como espectadores de luxo, o tempo de lecer.
A
diferencia de anos anteriores, o club e o concelleiro de Deportes, David Alonso
decidiron sacar o acto fora da casa consistorial e á vista da resposta dos
rapaces e a súa implicación, “foi todo un acerto” segundo valorou David Alonso.
Xunto
con Juanjo Alvarez Cerdeira e David Alonso, protagonizaron a presentación da
proba Begoña Toucedo, concelleira de Deportes de Mos e Miguel Bouza, edil de
Mocedade de Ponteareas.
A
Challenge consta de tres etapas que se disputarán entre o sábado 29 de febreiro
e o domingo 1 de marzo. A primeira etapa será unha contrareloxo individual de 8
kilómetros no parque de Avisoureira, en Guláns (Ponteareas). A segunda etapa
será unha etapa en liña de 81 kilómetros, ó longo do concello de Mos. E a
terceira e última etapa, “Gran Premio do Porriño” consistirá noutra etapa en
liña, de preto de 78 kilómetros.
A Challenge Rías Baixas 2020 terá 192 participantes. Está reservada para corredores Master 30, Master 40, Master 50 e Master 60, así como para Féminas Master. Tamén hai unha categoría junior para a que se reservaron 30 prazas.