A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.419 deles 1.525 son da área da Coruña, 885 da de Lugo, 450 da de Ourense, 1.106 da de Pontevedra, 1.977 da área de Vigo, 825 da de Santiago, e 651 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 65 están en UCI, 349 en unidades de hospitalización e 7.005 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 44.563 persoas curadas, rexistrándose 1.228 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 917.308.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 7.419 397 usuarios 185 profesionais FALECEMENTOS 1.228 212 en residencias 304 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 967 AULAS PECHADAS 49 CENTROS PECHADOS 3
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.