A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.869 deles 1.921 son da área da Coruña, 1.129 da de Lugo, 929 da de Ourense, 1.263 da de Pontevedra, 2.463 da área de Vigo, 1.186 da de Santiago, e 978 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 95 están en UCI, 516 en unidades de hospitalización e 9.258 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.161 persoas curadas, rexistrándose 1.024 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 764.216.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 9.869 436 (usuarios) 268 (profesionais) FALECEMENTOS 1.024 187 (en residencias) 254 (en hospitais e residencias integradas)
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 1.263 AULAS PECHADAS 70 CENTROS PECHADOS 1
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.