sábado. 23.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.732, deles 1.134 son da área da Coruña, 483 da de Lugo, 605 da de Ourense, 710 da de Pontevedra, 1.173 da área de Vigo, 1.332 da de Santiago, e 295 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 311 en unidades de hospitalización e 5.364 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 57.115 persoas curadas, rexistrándose 1.409 falecementos.


O número de PCR realizadas é de 1.128.337.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS5.732            138 usuarios
            103 profesionais
FALECEMENTOS1.409            244 en residencias
            336 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

Galicia rexistrou 3 falecementos