A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.284 deles 2.530 son da área da Coruña, 1.422 da de Lugo, 707 da de Ourense, 731 da de Pontevedra, 1.943 da área de Vigo, 1.291 da de Santiago e 660 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 57 están en UCI, 217 en unidades de hospitalización e 9.010 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 165.271 persoas curadas, rexistrándose 2.553 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.722.274.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.011.284.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.