A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.607 deles 2.271 son da área da Coruña, 1.462 da de Lugo, 686 da de Ourense, 634 da de Pontevedra, 1.614 da área de Vigo, 1.330 da de Santiago e 610 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 190 en unidades de hospitalización e 8.362 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 166.785 persoas curadas, rexistrándose 2.560 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.733.076.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.052.864.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.