A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.275 deles 2.178 son da área da Coruña, 1.457 da de Lugo, 687 da de Ourense, 589 da de Pontevedra, 1.472 da área de Vigo, 1.306 da de Santiago e 586 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 54 están en UCI, 201 en unidades de hospitalización e 8.020 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 167.418 persoas curadas, rexistrándose 2.564 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.737.418.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.052.882.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.